SECCIÓNS

CREACIÓN LITERARIA

SUMARIO

 

A castaña faladora

 

Polo verán, cando os ourizos aínda  estaban verdes, unha rapaza que se chamaba María adoitaba ler contos en moitos idomas á sombra dun castiñeiro.

Unha castaña que estaba dentro dun ourizo, escoitaba atentamente e aprendía todas as linguas.

 

Chegado o tempo do Magosto, a xente da vila recollía as castañas para logo asalas nunha gran fogueira no medio da praza. Cando María colleu a castaña, esta comezou a falar en moitos idiomas: grego, alemán, italiano, inglés e moitos máis.

 

Entón a rapaza gardou a castaña no peto e botou a correr cara a súa casa. Abriu a porta, subiu as escaleiras e meteuse no seu cuarto.

 

   -¡ Vaya bedroom máis chula, gústame o teu look -dixo a castaña ó saír do peto.

 

María, nerviosa, preguntoulle á castaña moitas cousas e en especial por qué falaba tantos idiomas, e a castaña contestoulle que cando estaba no ourizo oíra falar unha rapaza en moitos idiomas e que os memorizara.

 

   -Entón levareite a un museo, para que te examinen -dixo María.

 

   -Non, por favor, un museo non –protestou a castaña.

 

   -Pois levareite ó teu hábitat, o bosque.

 

E a castaña dixo:

 

   -Por favor, lévame a unha biblioteca, onde poderei ler moitos contos e aprender moitas cousas.

 

María levou a castaña á biblioteca, á biblioteca do colexio de Olveira, que está mirando ás dunas e ó mar, que cando se pon o sol ten milleiros de cores.

 

 

 

Elvira Blanco Pérez 6º

 Adiviñas

 Esdrúxulas
 Un home vello
 Na miña horta
 Personaxes de 5º
 A cuncha tímida
 A castaña Catuxa
 A estrana castiñeira
 A castaña faladora

A Voz das Dunas dixital

© Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Olveira - A Igrexa s/n - 15969 RIBEIRA (A CORUÑA)