SECCIÓNS

CREACIÓN LITERARIA

SUMARIO

 

A estrana castiñeira

 

Fai moito tempo, case na época dos celtas, había un pobo, cerca dunha gran cidade, chamado Confurco.

 

Este pobo estaba rodeado de árbores e case todas castiñeiras. Nesas castiñeiras había moitas castañas pero o que pasaba era que as castañas eran amargas, moi amargas, pero moi bonitas e brillantes. E por iso os habitantes de Confurco estaban famentos porque só comían verduras e algunhas veces peixe.

 

As castañas empregábanse para darlle de comer ós animais que eles tiñan, como vacas, porcos, cabalos, ...

 

Un día naceu unha nova castiñeira pero esta castiñeira era distinta. A árbore era a mesma pero as castañas non eran bonitas e brillantes coma as outras.

 

Ó suceder isto os habitantes decidiron proba-las castañas da nova castiñeira. Probaronas e gustaronlles.

 

Apañaron tódalas castañas, plantaron seis e as demais coméronas asadas.

 

Ó cabo dos anos foron nacendo as castiñeiras. Gracias ás castiñeiras os habitantes de Confurco non tiveron fame nunca máis, e para celebralo cada ano no mes de novembro plantaban unha castiñeira.

 

Agora Confurco está cheo de castiñeiras. 
 

Fátima de 6º

 Adiviñas

 Esdrúxulas
 Un home vello
 Na miña horta
 Personaxes de 5º
 A cuncha tímida
 A castaña Catuxa
 A estrana castiñeira
 A castaña faladora

A Voz das Dunas dixital

© Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Olveira - A Igrexa s/n - 15969 RIBEIRA (A CORUÑA)