|
Esdrúxulas
Esdrúxulas, atómicas,
simpáticas, fonéticas,
acústicas e máxicas,
insólitas, poéticas.
No meu colexio público
desde primeiro a sétimo
uns queren ser músicos,
outros chegar a médicos;
os deportistas cóntase
con elevado número;
en fútbol son o máximo
e patinando únicos.
Esdrúxulas, atómicas,
simpáticas, fonéticas,
acústicas e máxicas,
insólitas, poéticas. |