©Webmaster

 

Ó longo do ano académico os membros do colexio celebramos unha serie de actividades complementarias encamiñadas a conmemorar as datas especiais do calendario (o Nadal, o Magosto...), así como a difundir entre os nenos outras festas populares, como é o caso da festa dos Maios:
 
O Magosto
O Nadal
O día da Paz
O entroido
Os Maios
Excursións e saidas
Actuacións e representacións

 

 

O MAGOSTO

O magosto é unha festa ou reunión de tódolos nenos do colexio para asar e comer castañas. Celebrámola sempre nun día próximo do de San Martiño.
Rematamos a festa con xogos populares e algúns nenos como é costume tíznanse a cara con cinza ou borralla.
Tamén, durante os días anteriores, fanse actividades na clase relacionadas con este tema.
 
 
Nenos comendo castañas:
 
 
 
Traballo mural sobre a castaña:
 
 

 

 

O NADAL

No colexio celebramos o Nadal durante o mes de Decembro e ata o comezo das vacacións.
Facemos un gran nacemento no que colaboran tódolos nenos dos distintos niveis. Cada ano utilizamos temas distintos, así por exemplo algúns dos nacementos xa feitos foron: nacemento mariñeiro, nacemento galáctico, nacemento con personaxes de contos... Tamén utilizamos distintos materiais coma papel, plastilina, cartulina, cartón, material de refugallo...