©Webmaster

 

O Equipo de Normalización Lingüística créase como tal, neste Centro, no ano 1993, aínda que ata entón viña desenrolando o seu labor dentro do departamento de Lingua.

Actualmente está composto por un representante de cada ciclo, a profesora de Educación Física e a de Pedagoxía Terapéutica.
Os obxectivos xerais que trata de acadar son os seguintes:
 

1. Fomenta-la valoración do galego como lingua a conquerir o seu uso habitual en tódolos ámbitos da vida escolar e familiar.

2. Coñece-las festas populares do entorno e participar nelas.

3. Crear un clima de respecto e valoración das tradicións propias por parte dos alumnos/as e da sociedade en xeral.

4. Continua-la campaña de animación á lectura de textos en galego.

5. Capacitar á comunidade educativa a recoller material de traballo para a escola: cancións, adiviñas, xogos, refráns...

6. Colaborar en calquer proxecto que se realice no Centro.

Para o logro destes obxectivos trata de canalizar o seu labor partindo dos intereses xerais do conxunto da comunidade educativa, e dos centros de interese que cada ano van xurdindo dentro da mesma, para que a tarefa sexa o máis constructiva posible.

A continuación enumeraremos algunhas das actividades que desenrola o equipo:
 


1. Edición do xornal escolar Faladoiro:

 
O cal leva trece anos editándose; nel trátanse de reflectir tódalas actividades, inquedanzas e eventos máis significativos dentro da nosa comunidade educativa.
 
Portadas do Faladoiro:
 
 


2. Animación á lectura en galego:

 
Cada ano, e por ciclos, elíxense uns textos para traballar, realizando múltiples actividades na aula que espertan nos nenos o gusto pola lectura e enriquecen o coñecemento da súa lingua.

Como actividades complementarias trátase de traer un animador ou autor que complete este traballo interactuando cos nenos/as o citado texto.


3. Recuperación de tradicións:

 
Existe un gran interese no noso Centro cara á conservación de tradicións; ademáis de celebrar o Magosto e o Entroido, trabállase na recuperación e fomento dos xogos populares e tradicións propias, coma os Maios, que tiveron un gran arraigo na nosa zona pero que co tempo fóronse perdendo.