©Webmaster

 

4. Fomentá-lo gusto polo teatro e a música:

 
Cada ano trátase de traer grupos que enriquezan as vivencias dos nenos/as e lles desperten o gusto por esta vía de expresión e comunicación que é a dramatización (Migallas, Pavís-Pavós, Grupo de Expresión...)

O mesmo ocorre coa música, tratando de insistir na nosa cultura, nos nosos instrumentos e sons.
Tivemos a sorte de contar con bandas de música e grupos especializados en música tradicional e instrumentos populares galegos.

 

Actuación de teatro no colexio:
 
 
 

5. Exposicións:

 
É unha actividade que se ven realizando cada ano e na que participa activamente toda a comunidade. A base da mesma é a aportación das familias. Contamos asimesmo coa colaboración de entidades, institucións e persoas destacadas do entorno. Trátase sempre de seguir a temática que cada ano se consensue no Centro.
Estas exposicións xiran en torno a distintos aspectos da nosa zona, que nos axuden a ceñecer mellor os nosos costumes, a nosa historia, as nosas xentes... nunha palabra, a nosa idiosincrasia.
Foron moitas as exposicións realizadas ó longo destes anos. Entre elas:
 

· Traxes tradicionais
· O mar
· A escola dos noso avós
· Artistas e artesáns da zona (Arte nas mans)
· Os contos
· Xogos populares
· Fotografías antigas de Cela e o su entorno

 

Exposición, Arte nas mans: