|
Os
seguintes proxectos educativos, realizados ó longo de distintos
cursos escolares, siguen vivos dentro do noso centro.
Nesta
páxina só vamos ofrecer unha pequena síntese de
cada traballo.
De todas maneiras tedes a posibilidade de acceder ó seu contido
íntegro sen máis que poñeros en contacto co noso
colexio.
RECUPERACIÓN
E VIVENCIAS DAS TRADICIÓNS DO NOSO ENTORNO
As
tradicións forman parte da nosa cultura, a súa orixe está inmersa na
nosa historia.
O seu coñecemento axudaranos, polo tanto a entende-la nosa idiosincracia,
a coñecer as nosas raíces.
Percatámonos, así mesmo, que algunhas tradicións, moi fermosas e ancestrais,
estanse perdendo, polo que consideramos que debemos traballar cara a
súa recuperación como forma de afianzar a nosa esencia e enriquece-la
sociedade.
En
base a isto decidimos comezar o noso traballo centrándonos en tres tradicións
que nos permitiran convertelas en centro de interese en cada un dos
trimestres do curso escolar:
1º
Trimestre: "O Magosto".
2º
Trimestre: "O Entroido".
3º
Trimestre: "Os Maios".
Esta
selección fundaméntase no seguinte:
O
Magosto: Festa do outono, que xira entorno o "San Martiño", patrón
da nosa localidade.
O
Entroido: Festa moi asentada en Galicia e que na nosa localidade
ten a súas peculiaridades.
Os
Maios: Intentamos recuperar esta tradición que se atopa moi arraigada
en zonas próximas coma Marín e Pontevedra, pero que na nosa localidade
está practicamente esquecida.
Para
preparar as programacións de actividades relacionadas cos centros de
interese, seguíronse os seguintes pasos:
1.-Programación de actividades, obxectivos e contidos.
2.-Busca de asesoramento, se a actividade o precisa.
3.-Aplicación
nas aulas das distintas actividades programadas.
4.-Implicación
de tódala comunidade educativa na realización das actividades e na vivenciación
das mesmas.
5.-Avaliación
do proceso:
a)
Grao de consecución dos obxectivos propostos.
b) Participación das familias.
c)
Análise das dificultades atopadas e a súa superación.
CONCLUSIÓNS:
LOGROS E INCIDENCIAS NO CENTRO
Este
proxecto serviunos fundamentalmente para potenciar o respeto polas tradicións
e acadar unha maior valoración delas por parte dos alumnos e de toda
a comunidade en xeral. Sendo este un obxectivo prioritario, non foi
menos importante a dinámica que xerou dentro da comunidade escolar,
pois contribuíu a crear liñas de traballo en común, fomentando o traballo
en grupo, unificando criterios e artellando estratexias comúns.
Tamén
foi moi salientable o feito de que conquerimos espertar nos nenos/as
unha actitude de respeto cara a nosa cultura. Analizando os bos resultados
obtidos, considerouse moi convinte introducir estas novidades no PCC
do Centro.
E por último, destacar a repercusión que moitas das actividades realizadas
neste proxecto, tiveron nos medios de comunicación locais, feito que
estimulou en gran medida, a tódala comunidade escolar.

|