©Webmaster

 

UN CONTO, DOUS CONTOS, TRES CONTOS

O eixo vertebrador do proxecto xirou en torno a unha serie de contos seleccionados polos profesores que forman parte do Seminario. Este proxecto levouse a cabo con nenos de Educación Infantil e Primaria ó longo do presente curso escolar.
Eleximos, xunto cos nenos e as nenas, para traballar ó longo do curso, os seguintes contos:
 
INFANTIL– Carapuchiña vermella.
1º CICLO - Os tres porquiños.
2º CICLO - Pinocho.
3º CICLO - Alicia no país das marabillas.
Estes contos foron o eixo de interés a través do cal vertebráronse as distintas actividades (magosto, Nadal, día da paz, entroido, semana das Letras Galegas) que se realizaron no colexio ó longo do curso.
 
 
Algunhas das tarefas inscritas no marco deste proxecto foron as seguintes:
 
- Lectura individual e colectiva do conto.
- Formulación de cuestións sobre as persoaxes da historia (rasgos físicos e de carácter), o esceario, a acción ...
- Descripción das persoaxes do conto a partir do vocabulario dado.
- Elaboración de diálogos entre persoaxes a partir de situacións hipotéticas relacionadas co conto e posible representación no grupo.
- Introducción doutras persoaxes doutros contos e escribir narracións e diálogos entre elas.
- Cartearse e chamar por teléfono a persoaxes dos relatos.
- Reconstrucción escrita do conto noutros escearios, lugares ou épocas.
- Modelado e construcción das persoaxes e ambientes do conto con plastilina, papel reciclable, ...
- Construcción de elementos representativos de cada conto con distintos materiais.
- Confección de murais sobre o conto (aproveitables nas distintas celebracións).
- Elaboración de marionetas e títeres e aproveitalas para a dramatización do conto.
- Representación do conto a cargo de compañías de teatro e sesións de contacontos.
- Representación mímica do relato por parte dos rapaces.
- Escenificación do conto con diálogos e movementos (conto matriz).
- Aproveitamento dunha melodía coñecida para inventar unha letra sobre un conto.
- Rapea-lo conto e invención dunha coreografía para o rap.
- Elaboración de disfraces referidos os contos traballados.
- Construcción de piñatas a partir das persoaxes dos relatos.
- Confeicción dun Nacemento coas persoaxes e ambientes dos contos.
- Organización dunha exposición na que se recollan tódolos materiais elaborados para os contos ó longo do curso.