DÍA DAS LETRAS GALEGAS 201: Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense24 de agosto de 1941 e finado na RamallosaNigrán, o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galegacrítico literariopolítico. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento feridoCambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas IlustrísimaOs mortos daquel veránDeus sentado nun sillón azulO sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. No ano 2017 váiselle dedicar o Día das Letras Galegas. (Fonte: Wikipedia)

Se premedes na imaxe podedes ver  o traballo que fixeron na aula de terceiro do CEIP A Xunqueira Nº 2 en torno ao escritor Carlos Casares.


Escribe un comentario