XIX SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Con esta temática deuselle unha merecida homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil e xuvenil, do libro e da lectura: escritoras, ilustradoras, nais, madrastras e avoas que contan contos para ir durmir, editoras, narradoras, mestras, bibliotecarias, libreiras, mediadoras, impresoras, distribuidoras, encadernadoras, deseñadoras, tradutoras, xornalistas, animadoras, xestoras, investigadoras, protagonistas (que loitan por dárlle a volta ao conto), personaxes eternamente secundarias,fadas e princesas (que non o queren ser), mouras, sereas, bruxas, lavandeiras, e tantas outras! E, dun xeito moi especial, á nosa muller de conto máis querida: María Victoria Moreno, que tivo coa nosa lingua e a nosa cidade unha verdadeira historia de amor.

Escribe un comentario