A Noite de San Xoán.
Na noite de San Xoán, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de España, especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de San Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar.
A noite de San Xoán é unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia. Así por exemplo, celébrase na Coruña coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo esta a festa do San Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de San Xoán na Coruña foi declarada festa de Interese Turístico Nacional.
Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de San Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas … (Fonte: Na Galipedia, a Wikipedia en galego.)
Categories: