Homenaxe a Xosé María Díaz Castro
O alumnado do CEIP A Xunqueira Nº2 homenaxeou a Xosé María Díaz Castro na Biblioteca do Centro. Recitouse o poema Esmeralda tanto en galego como nas distintas linguas do estado así como nas linguas de orixe dos rapaces e rapazas de procedencia estranxeira. Empregamos o alemán, ruso, francés, inglés, chinés, árabe,guaraní, portugués, catalán, éuscaro, castelán, español nas súas distintas variantes iberoamericanas e por suposto en galego.
ESMERALDA
Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti.
¿Por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
¡O universo sería
máis pequeno sen ti!
Ao rematar a lectura multilingüe, alumnado de sexto curso de Primaria rapeou o poema “Remuíño”.
Por último a mestra Lupe contounos o relato “ Por que o fondo do río está cheo de pedras?”, utilizando o “Kamishabai”. Canto nos gustou!
Categories: