DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2015

O Martes día 3 de febreiro conmemoramos todos xuntos o Día Escolar da non Violencia e a Paz. A xornada deselvolveuse no patio cuberto onde puidemos escoitar ao alumnado de 6º de primaria ler o Manifesto pola Paz, cantar xuntos a canción de Paco Nogueira “Apertas que voan”, ver aos de 3º, 4º e 5º bailando “Happy” de Pharrel Williams e aos máis pequenos escribir a palabra Paz con etiquetas de lapis. Lembrade que o lema escollido este ano foi:“Un neno, un lapis, un libro e un mestre poden cambiar o mundo”

Escribe un comentario