CONTACONTOS: O MONSTRO DE CORES
O xoves 12 de maio os alumnos de terceiro de Educación Primaria realizamos unha actividade que nos encantou.
María, a nai dun compañeiro noso, narrounos un conto que nos ensinou a distinguir as emocións “O MONSTRO DE CORES”.
A continuación fixemos unha actividade na que o pasamos xenial, enrolámonos cada un de nós cun fío de la de distintas cores, cada cor representaba unha emoción. Despois de facernos unha lea tivemos que desfacela e gardar cada emoción no seu bote.
Finalmente, moldeamos o noso propio monstro cunha plastilina especial que nós mesmos elaboramos. Que ben o pasamos! Moitas grazas María!
Categories: