Charla con Javier Gómez Noya
O martes 25 de outubro asistimos a unha xornada de achegamento ao noso campión Javier Gómez Noya, pentacampión do Mundo e Europa de Triatlón, recente Premio Princesa de Asturias.
O acto, organizado polo Concello de Pontevedra, tivo lugar o martes 25 no Salón de Actos do Pazo da Cultura, consistiu nunha charla de Javi, visionado de vídeos e unha charla-coloquio aberta entre o campión e as nenas/os que asistimos.

Categories: