Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz-Andrade

Páxina “Valentín Paz-Andrade” da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: contén materiais didácticos, bibliografía, información xeral, videoteca, fonoteca, actividades nos centros …

Xogo do Día das Letras Galegas.

AÍ VEN O MAIO

Refráns do mes de maio

A auga de maio, non fai dano.
Abril e maio son as chaves do ano.
Ata o corenta de maio non quites o saio.
Ata o corenta de maio, non te quites o saio e, se volve a chover, vólveo a poñer.
Ceo aborregado, auga de contado.
En maio, aínda a vella queima o tallo.
En maio, aínda bebe o boi no prado.
En maio, calquera besta é cabalo.
En maio, de sono me caio.
En maio, sae o polbo do ramaio.
En maio, xa leva cereixas o gaio.
Garda o teu saio, para maio.
Garda pan para maio e leña para todo o ano.
Maio chuvioso, verán caluroso.
Maio longo, San Xoán redondo.
Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
Maio un pouco frío, cría trigo; pero, si é moi frío, nin palla nin trigo.
Maio ventoso, ano fermoso.
Maio ventoso, pró labrego fermoso e pró mariñeiro, penoso
Nin maio sen trebóns, nin home sen calzóns.
No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
O mes de maio, pasa coma un raio.
O peixe de maio, a quen cho pida, dállo.
O que en maio se molla, en maio se enxoita
O que o maio rega, o maio seca.
Ovella vella e colmea pobre en maio morre
Polo San Isidro, sementa o teu millo.
Por San Matías (14 maio) iguálanse as noites aos días

Ideas para construír poesías.

RECEITAS,MASCARAS E VOCABULARIO DO ENTROIDO

Podedes ver máis traballos sobre o entroido aquí

O entroido: Traballo do grupo de TICs do IES Xunqueira1 de Pontevedra .

As árbores da fraga.

Cantiga sobre moitas das árbores galegas do Coro CEIP Pedrosa Latas.

Letra da canción.

Os fantásticos libros voadores

Anímate a ler.

Xogo da Paz

Xogo a da Paz. Entra no xogo aquí.

Xogando con Matilda

Conxunto de actividades sobre o libro Matilda de Roald Dahl. Elaborado por Joaquina Pérez Alonso y Marga Tarrío Pillado do IES As Mariñas.

No seguinte enlace podes xogar con Matilda:

Xogando con Matilda.

É posible que o teu navegador che solicite instalar un complemento de Java para que funcione.