Conto: o sapo e o raposo

Baseado nun conto tradicional galego este video foi producido polo Xabarin club da TVG para apoiar a campaña do Patrimonio Inmaterial Galego na UNESCO.

Ver máis contos.

A Lingua Sabe a Pan.

Lipdub do CPI Virxe da Saleta de Cea sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

Aturuxo de Sin Chan

Vídeo do Ceip Sequelo

Refráns do outono.

Elaborado polo CEIP Esteiro.

O magosto

Nos seguintes enlaces podedes atopar información e recursos sobre o magosto elaborados por centros educativos, entidades culturais e webs:

A castaña. Unidade didáctica elaborada polo equipo de Normalización Lingüística do IES Monte Carrasco de Cangas.

Información sobre a castaña.

O magosto na escola, unidade didáctica realizada polo Colectivo Ollo de Sapo.

Documentación sobre o magosto da revista Reigame.

Unidade didáctica de Félix Pimentel e Dolores Iglesias feita en Jclic.

Actividades lim sobre o magosto e outono.

O Outono. Xogo Edilim para os máis pequenos do CEIP FRIAN – TEIS.

Outros recursos recollidos na web de Norberto sobre o magosto.

Cantigas, refráns, e adiviñas do magosto.

Elaborado polo CEIP Isaac Peral

Festas do outono.

Elaborado polo CEIP Santo Paio de Abaixo.

CURSO DE BANDA DESEÑADA


O 22 de xuño os alumnos e alumnas do obradoiro da banda deseñada do CEP A Xunqueira Nº2, impartido por Kiko da Silva presentaron na biblioteca a todo o alumnado do colexio a súa primeira creación: “Polgariño”.

Publish at Calaméo or browse the library.

Representación de “As Patacas”, obra de teatro de monicreques.


Un grupo de alumnos e alumnas de 6º representou cós monicreques, feitos por eles, “AS PATACAS”. Esta obriña está dirixida polo profesor coordinador de ENDL, José Manuel Castro. Todo o alumnado do centro gozou con eles.

Publish at Calaméo or browse the library.

O alumnado de 1º Ciclo vai de Roteiro cós Bolechas de Pepe Carreiro


O dia 21 de xuño o alumnado de 2º, xa antes foran os de 1º, percorreron todos os recunchos, prazas, fontes… da zona antiga de Pontevedra coma o fixeran os seus amiguiños os Bolechas no conto de Pepe Carreiro:“Os Bolechas buscando a Linda en Pontevedra”.

Publish at Calaméo or browse the library.