I XORNADA INTERESCOLAR DE XADREZ – XADREZ NA RÚA

Este ano catro centros educativos: C.E.P. A Xunqueira 2, C.E.I.P. Campolongo, C.E.I.P. Froebel , C.E.I.P. VillaverdeMourente e a Escola Municipal de Xadrez organizámola xornada de xeito experimental. Aqueles centros que queiran incorporarse a esta iniciativa ou a outra semellante para vindeiras xornadas podedes comentalo aquí mesmo para telo en conta.

Aquí temos tódalas fotos que fixemos da actividade “Xadrez na Rúa”, tanto o día da presentación como o día da xornada.

 

Gustouvos a actividade? Queredes repetila para ó ano que ben?. Se tedes algún comentario que queriades facer, contar algunha anécdota, facer algunha crítica, etc. Podedes facelo aquí.

Podes ler aquí os beneficios da práctica do xadrez. 

Se queredes aprender a xogar ao xadrez velaí vai un curso para principiantes:
Xadrez 1 , Xadrez 2 

Deixamos, tamén, a explicación nun vídeo youtube, do Xaque mate da Ópera, de Paul Charles Morphy que vimos na praza co xadrez xigante:

Pode desaparecer a catedral de Santiago. Parábola do negacionismo lingüístico


O rumor estendeuse como unha lapa de lume alimentada polo vento do sur. Disque querían derrubar a catedral, construída nove séculos antes, para edificar no seu predio un gran centro comercial. As razóns non deixaban lugar a dúbida, o declive constante do número de peregrinos e de practicantes da relixión de culto no templo por un lado e, polo outro, o incremento no número de posibles consumidores do centro de ocio consideraban idónea tal muda. O verdadeiramente sobresaliente non foi o estrambótico da idea senón os aplausos duns, escasos pero ruidosos, e o silencio dos outros. As razóns de utilidade estrita daban couces contra as pedras de brión cargadas de historia. O patrimonio nunca foi ben levado co progreso irracional. Por aqueles que defenden como mellor maneira de gañar o futuro o avance dos exércitos, ese que destrúe todo ao seu paso. E, claro, un dos argumentos máis esgrimido era a indefensión dos consumidores ante o poder da memoria. Que dúbida ten. A idea, lanzada como globo sonda, por algún reduto de accionistas do centro comercial foi callando ata mesmo facer dubidar o goberno da cidade. Tanto balbordo nos medios de comunicación, tanto ruxerruxe na rúa fixo por fin debater a aqueles que gobernan coas portadas na man. E, dixo algún, se cadra unha superpantalla de cine ha ser mellor cás apertas ao apóstolo, así seremos máis internacionais, máis globalizados, menos pailáns. Por uns e por outros, o proxecto do centro comercial foi medrando ata se converter no miolo da actualidade. Cando xa as máquinas de derruba se aproximaban á torre do campanario un pícaro preguntou: Nai, e se derruban a catedral, ¿quen vai saber quen somos?
Rosa Aneiros (Galicia Hoxe, 09-07-2008) – Montaxe de video realizada por Miguel Anxo Mouriño.

Galicia e o ‘buraco in progress’.

Se tivese que escoller agora dúas viñetas de Castelao, unha sería a do gato cínico que recita a Bécquer: “Volverán las oscuras golondrinas en su balcón los nidos a colgar… Pero aquela que papei o ano pasado, esa non volverá.” E a outra? A outra é aquela na que aparecen unha nai e un meniño e a muller pregunta: “Por que non queres ir á escola?”. E o rapaciño di: “Porque sempre me preguntan o que non sei”.
Cómpre a liberdade de circulación na estrada: esquerda ou dereita por votación dos condutores.
Son dúas pequenas obras mestras de humor e humanidade que refulxen en todo tempo. E que deberían terse proxectado en power point no Parlamento autónomo mentres se debatía o “estado da nación”. Continue Reading »