CURSO 2010-2011: O CENTRO PARTICIPA NO 12º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA.

É MENTIRA

Segundo o nivel traballamos, falamos, cantamos e xogamos coas cousas que son verdade e mentira. Na biblioteca, un Pinóquio xigante preside a exposición  de contos relacionados coa mentira.

Construímos unha casiña de chocolate.

Os máis pequenos fixeron a Hänsel e Gretel.

Os do primeiro ciclo fixeron as ventás da casiña.  Son contos  coa frase é mentira que…

No segundo ciclo fixeron a piruleta con noticias de mentira.

No terceiro ciclo contos clásicos de mentira.

Todos os traballos integránse na casiña de chocolate.

Publish at Calaméo or browse the library.

30 DE XANEIRO DE 2011 DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

A PAZ é CONSTRUÍR, compartir, escoitar e falar, é respectar e amar. Isto non é cousa dun día, senón unha forma de vivir.

O Día Escolar da Non violencia e a Paz é unha iniciativa que naceu en 1964 para fomentar a educación en e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

cada 30 de xaneiro nas escolas de todo o mundo celébrase este día de diversos xeitos, con variados argumentos, pero cun mesmo obxectivo: chamar a atención pola necesidade de loitar por un mundo mellor.

No mundo hai moitas persoas e todas diferentes. Pero todos teñen os mesmos sentimentos.

Publish at Calaméo or browse the library.

Curso de banda deseñada impartido por Kiko da Silva

O popular ilustrador e escritor, Kiko da Silva, de recoñecido prestixio nacional e internacional traballará a banda deseñada este curso 2010 – 2011 co alumnado do terceiro ciclo .

ACTIVIDADES E TRABALLOS DA BIBLIOTECA DO CEP A XUNQUEIRA Nº2 DO CURSO 2009 – 2010

Publish at Calaméo or browse the library.

Información sobre materiais e produtos en galego e galegos para o Nadal

A Secretaría Xeral de Política Lingüística  informa sobre diferentes materiais e produtos en galego e galegos  para o Nadal. Na ligazón que abaixo indicamos, pódense  atopar dende materiais para traballar nas aulas ata  ideas e produtos para agasallar nestas datas: produtos tecnolóxicos para o Nadal, materiais de Nadal dos EDLG na rede, agasallos para os máis novos, ideas de Reis para os pequenos da casa, comidas que non deben faltar, a túa mesa en galego, cancións, recursos para o ensino…

http://www.xunta.es/linguagalega/produtos_tecnoloxicos_para_o_nadal

convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia.

Orde do 25 de xuño de 2010 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2010-2011.

Corenta personalidades da sociedade galega mostran o seu compromiso co idioma na campaña da Coordinadora Galega de ENDL.

A Coordinadora Galega de ENDL presentou a segunda fase da campaña “Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego” coa presenza de destacadas persoalidades da sociedade galega.

Os Equipos de Normalización chaman a manifestar un sentimento de orgullo pola lingua propia, que contrasta coas medidas de desprotección do galego que conleva o recén aprobado Decreto do Plurilingüismo. Entra na páxina  da campaña aquí.

Nota de prensa da A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

O Decreto do Plurilingüismo discrimina a lingua galega no ensino.

O novo decreto marca unha asignación horaria inferior para o galego e desprotéxeo especialmente na etapa de infantil.

O proxecto da Consellería de Educación dificultará a adquisición da competencia lingüística en galego por parte do alumnado. Ver artigo completo.

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010

A Coordinadora Galega de ENDL ofrece na súa páxina un monográfico especial sobre a figura e a obra de Uxío Novoneyra, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.

http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.php

Nesta ligazón atoparedes unha compilación de recursos web como actividades en liña e unidades didácticas para diferentes niveis educativos ou unha fonoteca e unha videoteca, entre outros. Este monográfico ha de ir incorporando novos materiais elaborados polos docentes nos centros escolares e por diferentes colectivos e institucións.
Mái información sobre o Día das Letras Galegas na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas