<logoxunta>
SUPERACION DA PROBA DE ACCESO

Cualificación definitiva da proba de acceso

1. Para os efectos de adxudicación de prazas, outorgarase unha cualificación definitiva da proba de
acceso ó grao superior que será única e global de toda a proba, incluíndose nesta a puntuación ou as puntuacións obtidas na proba extraordinaria.
2. Para calcular a cualificación definitiva á que se refire o punto anterior terase en conta o seguinte:
a) Para o alumnado que unicamente ten que realiza- la proba de acceso ordinaria, a puntuación definitiva será a cualificación que obtivese nesa proba.
b) Para o alumnado que, por non reuni-los requisitos académicos, debe realiza-las probas de acceso ordinaria e extraordinaria, a puntuación definitiva será a media ponderada da cualificación obtida en ambas probas, ponderándose a primeira delas nun 70 por 100 e a segunda nun 30 por 100.
3. Entenderase superada a proba de acceso cando o aspirante acade unha puntuación definitiva igual ou superior a 5 puntos. O alumnado que supere a proba de acceso e non teña superada a proba extraordinaria ou algunha das súas partes, poderá formalizar matrícula para segui-las ensinanzas do grao superior. Pero a obtención do título superior de música estará condicionada a:
a) Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e ter aprobados os estudios correspondentes ao terceiro ciclo do grao medio, ou
b) Ter superada a proba extraordinaria para o alumnado que non reúna os requisitos académicos.
4. Para os efectos da líña b) do punto anterior, o alumnado que non superase a proba extraordinaria ou algunha das súas partes poderá presentarse ás sucesivas convocatorias que se fagan.
5. Os conservatorios expediranlles unha certificación aos aspirantes en que constará a cualificación
definitiva obtida na proba de acceso, así como as cualificacións parciais da proba extraordinaria. A
certificación de ter superado a proba ou algunha das súas partes terá validez en posteriores convocatorias como requisito de acceso.
6. A superación da proba de acceso faculta, unicamente, para matricularse no curso académico para o que fose convocada.
7. A adxudicación das prazas vacantes en cada especialidade realizarase de acordo coa puntuación definitiva obtida, segundo se dispón no punto 2 deste artigo, e conforme as prioridades establecidas no artigo 20 do citado Decreto 183/2001, do 19 de xullo.
( Diario Oficial de Galicia, orde 26-01-04, artigo 13 )

 
Conservatorio Superior de Música de Vigo •Manuel Olivié, nº 23 •36203 VIGO
Telf: 986 471144 • Fax: 986 481 807 • cmus.vigo@edu.xunta.es