<logoxunta>
SUPERACION DA PROBA DE ACCESO

REQUISITOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA A PROBA DE ACCESO

1. Poderán acceder ó grao superior das ensinanzas de música os aspirantes que, reunindo os requisitos académicos de estar en posesión do título de bacharelato ou titulación equivalente e de ter aprobados os estudios correspondentes ó terceiro ciclo do grao medio, superen a proba de acceso ordinaria en que os aspirantes demostren que posúen os coñecementos e habilidades profesionais necesarios para cursar con aproveitamento a especialidade en que pretenden matricularse.
2. Así mesmo, poderán acceder ó grao superior das ensinanzas de música os aspirantes que, sen reunir un ou os dous requisitos académicos ós que se refire o número anterior, superen a referida proba ordinaria, e, ademais, demostren posuír tanto os coñecementos e aptitudes propios do grao medio como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento a especialidade en que pretenden matricularse, a través da proba de acceso extraordinaria.
3. Correspóndelles ós conservatorios concreta-lo calendario de realización dos exercicios das probas de acceso ás diferentes especialidades, que deberá ser anunciado ó inicio do curso académico. As probas de acceso ó grao superior de música realizaranse nunha única convocatoria anual, que terá lugar antes do 15 de xullo.
4. Os conservatorios farán públicos os prazos de matrícula, datas de exame e número de postos escolares vacantes. Así mesmo, publicarán nos taboleiros dos centros os contidos e os criterios de avaliación das probas, que serán acordes co proxecto curricular de cada centro.
5. Para concorrer á proba de acceso ó grao superior das ensinanzas de música, o aspirante deberá presenta- la solicitude para un só conservatorio superior.

6. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou dun
documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Tamén deberán mostrarlle ó tribunal o xustificante de matrícula.
7. Os aspirantes serán convocados para a proba nun único chamamento, sendo excluído dela quen

non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento. A non comparecencia á proba suporá a perda da correspondente convocatoria.
(Diario Oficial de Galicia, orde 26-01-04, artigos 2,3,4,5)

 
Conservatorio Superior de Música de Vigo •Manuel Olivié, nº 23 •36203 VIGO
Telf: 986 471144 • Fax: 986 481 807 • cmus.vigo@edu.xunta.es