<logoxunta>
PROBA EXTRAORDINARIA

PROBA EXTRAORDINARIA
Estructura da proba de acceso extraordinaria.

1. A proba de acceso extraordinaria á que se refire o punto 2 do artigo 2º desta orde non terá carácter eliminatorio e realizarase con antelación á proba de acceso ordinaria regulada no artigo 6 desta orde.
2. Se o aspirante non está en posesión do título de bacharelato ou equivalente, deberá realizar un
exercicio escrito, de carácter humanístico, que permita avalia-la súa madurez, mediante a utilización da linguaxe, a comprensión de conceptos e a capacidade para relacionar e sintetizar.
3. Se o aspirante non ten aprobados os estudios correspondentes ó terceiro ciclo do grao medio, deberá realizar un exercicio de carácter teórico-práctico que permita avalia-la formación musical xeral do aspirante no relativo ó desenvolvemento da súa capacidade auditiva, así como os seus coñecementos sobre a teoría e a historia da música, e o seu grao de comprensión e utilización dos diferentes recursos e procedementos harmónicos.

Aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.
Para o desenvolvemento desta parte da proba terase en conta o seguinte:
a) Os aspirantes ó realiza-la inscrición para a proba indicarán a lingua estranxeira elixida.
b) O exercicio versará sobre os contidos das materias da parte común de segundo curso de bacharelato:
lingua galega e literatura II, lingua castelá e literatura II, lingua estranxeira II, historia e filosofía II.
c) O tribunal estará formado por un número impar de membros. Será designado pola delegación provincial correspondente entre os profesores do corpo de ensino secundario de cada unha das materias obxecto de exame ademais dun profesor do conservatorio.
d) A duración do exercicio será de dúas horas. Os resultados faranse públicos no taboleiro de
anuncios.
e) O exercicio será elaborado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.
Con este fin, as direccións dos conservatorios comunicaranlle ó Servicio Provincial de Inspección o
número de persoas inscritas para realizar esta proba, indicando os idiomas obxecto de exame.

Aspirantes que non teñan aprobados os estudios correspondentes ó terceiro ciclo do grao medio.
Para o desenvolvemento desta parte da proba terase en conta o seguinte:
a) Os aspirantes ó realiza-la inscrición para a proba indicarán a opción elixida entre fundamentos de composición e análise.
b) Serán obxecto de exame os contidos do último curso de cada unha das seguintes materias, correspondentes ó currículo do grao medio: linguaxe musical, harmonía, historia da música e fundamentos de composición ou análise.
c) O tribunal será designado pola dirección de cada conservatorio superior, oídos os departamentos
correspondentes, e estará formado por un número impar de membros.
d) Os resultados faranse públicos no taboleiro de anuncios do centro.

( Diario Oficial de Galicia, orde 26-01-04, artigos 10,11,12 )

 
Conservatorio Superior de Música de Vigo •Manuel Olivié, nº 23 •36203 VIGO
Telf: 986 471144 • Fax: 986 481 807 • cmus.vigo@edu.xunta.es