IES A Pinguela - Proxectos europeos - Introdución
 
   
 
 

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ALUMNADO DE CICLOS MEDIOS PARA PRÁCTICAS (FCT NO ESTRANXEIRO): SETEMBRO-DECEMBRO 2016.
Proxecto: 2016‐1‐ES01‐KA102‐024455  - EUROPING16/18
BASES DA CONVOCATORIA:

  • NORMAS XERAIS

Bolsas para realizar prácticas en empresas do estranxeiro, que computarán como horas do módulo de FCT, para alumnos de ciclos formativos de grao medio do IES A Pinguela dentro do programa Erasmus +  (proxecto: 2016‐1‐ES01‐KA102‐024455  - EUROPING16/18 )

Período de realización : setembro a decembro de 2016.
Duración: 11 semanas (77 días)
Número de prazas: 1
Prazo de presentación: ata o 20 de xuño de 2016
Ciclos formativos: ZMIFC01 (Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes)
Países destino: UK. A empresa será adxudicada polo IES A Pinguela segundo os obxectivos da FCT.
Lengua obxectivo: inglés
Contía das axudas (80% antes da mobilidade e 20% despois):

DESTINO

MANUTENCIÓN

VIAXE

Reino Unido

3054€

275€

 

  • REQUISITOS DOS CANDIDATOS

Alumnos do CM de SMR durante o curso 2015-2016 que se matriculen do módulo da FCT durante o curso 2016-2017.

  • INSTANCIAS

Entregarase esta documentación ó profesor coordinador de proxectos internacionais

    • CV  no idioma do país de destino, seguindo o modelo C.V. Europass (https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae) (inglés) (doc/odt)
    • Carta de presentación para a empresa no idioma do país de destino (pdf)
    • Documentación acreditativa das competencias lingüísticas (pdf)
    • Fotocopia do DNI (pdf)
    • Certificación bancaria (pdf)
    • Formulario de inscripción (pódelo descargar nesta ligazón) completo e firmado en prazo (papel)

Os documentos en formato electrónico enviaránse á dirección: ies.pinguela@edu.xunta.es

  • ORGANOS DE SELECCIÓN

 

Comisión de Mobilidade, formada por:

    • director do centro
    • profesor coordinador de proxectos internacionais
    • titores de cada ciclo formativo implicado para o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
    • profesor/a responsable da formación lingüística/cultural de reforzo
  • CRITERIOS DE SELECCIÓN

Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:

1

Nivel de ingresos da súa unidade familiar:
Puntuación total (10) se foi bolseiro no curso anterior ó da selección; nula (0) no caso contrario

10%

2

Expediente académico.
Nota media sobre 10 dos módulos ata dous trimestres antes da FCT

20%

3

Nivel acreditado da lingua no país de destino.
Para elo tendranse en conta os estudos previos do idioma do país de acollida que acredite e realizaraselle unha proba avaliadora de selección enfocada cara a comprensión e a expresión oral e escrita por parte do profesor responsable da formación lingüística e cultural ou outro colega con competencias no idioma obxectivo (Puntuación segundo os niveles ECRFL acreditados <A1:0; A1:4 ; A2: 6; B1:8 ; >=B2: 10)

30%

4

Nivel de motivación para participar no proxecto e madurez persoal:
Avaliada pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en  conta: motivación, habilidade de comunicación, flexibilidade, empatía, capacidade de traballo en equipo, capacidade de compromiso, responsabilidade.

40%

 

  • RESOLUCIÓN

Publicarase neste sitio web.



 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela