CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ALUMNADO DE CICLOS SUPERIORES PARA PRÁCTICAS (FCT NO ESTRANXEIRO): ABRIL-XUÑO 2023
Proxecto: 2021-1-ES01-KA131-HED-000003699 – EUROPING -2021
BASES DA CONVOCATORIA:
Bolsas para realizar prácticas en empresas do estranxeiro, que computarán como horas do módulo de FCT, para alumnos de ciclos formativos de grao superior do IES A Pinguela dentro do programa Erasmus+ (proxectos: 2019-1-ES01-KA103-061566 - EUROPING–2020 e 2021-1-ES01-KA131-HED-000003699 – EUROPING -2021)
Período de realización : abril-xuño de 2023.
Duración: a duración do módulo de FCT
Número de prazas: 3
Prazo de presentación: : ata o 25 de novembro de 2022.
Ciclos formativos de GRAO SUPERIOR
Países destino: países da Unión Europea.
O país de destino e a empresa de acollida serán adxudicados polo IES A Pinguela segundo os obxectivos da FCT.
Contía das axudas: as publicadas en:
http://sepie.es/doc/convocatoria/2021/ES/2021_anexo_iv_monomulti_ka131.pdf
(Abonarase o 80% ao comezar a mobilidade e o 20% restante cando se presenten os informes da estancia)
- REQUISITOS DOS CANDIDATOS
- Alumnos dos Ciclos Superiores do IES A Pinguela durante o curso 2022-2023 que curse o módulo de FCT ou alumnos titulados no curso 2021-2022.
Enviarase en prazo a seguinte documentación en formato electrónico á dirección ies.pinguela@edu.xunta.gal (a solicitude asinada entregarase tamén en papel ao profesor coordinador de proxectos internacionais):
Ademais entregarase en papel e asinado o formulario de inscripción (pódelo descargar nesta ligazón)
Comisión de Mobilidade, formada por:
- Director do centro
- Profesor coordinador de proxectos internacionais
- Titores de cada ciclo formativo implicado para o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:
1 |
Nivel de ingresos da súa unidade familiar:
Puntuación total (10) se foi bolseiro no curso anterior ó da selección; nula (0) no caso contrario |
10% |
2 |
Expediente académico.
Nota media sobre 10 dos módulos ata dous trimestres antes da FCT |
20% |
3 |
Nivel acreditado da lingua no país de destino.
Para elo tendranse en conta os estudos previos do idioma do país de acollida que acredite e realizaraselle unha proba avaliadora de selección enfocada cara a comprensión e a expresión oral e escrita por parte do profesor responsable da formación lingüística e cultural ou outro colega con competencias no idioma obxectivo (Puntuación segundo os niveles ECRFL acreditados <A1:0; A1:4 ; A2: 6; B1:8 ; >=B2: 10)
Para linguas de destino distintas do inglés, se o candidato non acredita competencias nela, valoraranse as competencias acreditadas en inglés según o nivel ECRFL <A1:0; A1:1 ; A2: 2; B1:3 ; >=B2: 4 |
30% |
4 |
Nivel de motivación para participar no proxecto e madurez persoal:
Avaliada pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en conta: motivación, habilidade de comunicación, flexibilidade, empatía, capacidade de traballo en equipo, capacidade de compromiso, responsabilidade. |
40% |
- PUBLICACIÓN LISTA PROVISIONAL: 2/12/2022.
APELIDOS |
NOME |
CICLO |
Cabadas Fernández |
Alba María |
CS EST |
Centelles Vázquez |
Mar |
CS DAW |
Pena López |
Alejandro |
CS DAW |
- PRAZO DE RECLAMACIÓN: Dende o 2/12/2022 ate o 9/12/2022.
Envío de reclamacións por correo electrónico a ies.pinguela@edu.xunta.gal
- PUBLICACIÓN LISTA DEFINITIVA: 16/12/2022.
APELIDOS |
NOME |
CICLO |
Cabadas Fernández |
Alba María |
CS EST |
Centelles Vázquez |
Mar |
CS DAW |
Pena López |
Alejandro |
CS DAW |
CONVOCATORIAS ANTERIORES
|