IES A Pinguela - Proxectos europeos - Introdución
 
   
 
 

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE PROFESORADO DE CICLOS MEDIOS PARA ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS - JOB SHADOWING: 2021-2022.

Proxecto_2020-1-ES01-KA102-080614- EUROPING 20/22

BASES DA CONVOCATORIA:

  • NORMAS XERAIS

Bolsa para realizar estadías en empresas do estranxeiro, para profesores das familias profesionais do IES A Pinguela con oferta de ciclos de grao medio, dentro do programa Erasmus + (proxecto: 2020-1-ES01-KA102-080614- EUROPING 20/22)

Duración: máxima duración da estadía de 5 días (incluída viaxe).
Número de prazas: 1
Prazo de presentación: ata o 30 de novembro de 2021

Países destino: países da Unión Europea

Os participantes seleccionados recibirán o 80% da axuda antes da mobilidade e o 20% despois, unha ver presentadas a aprobadas a memoria final (que inclúe certificado da estadía) e a memoria Erasmus+.

 

  • CONTÍA DAS AXUDAS

DESTINO

PRAZAS

MANUTENCIÓN e ALOXAMENTO (máximo)

VIAXE

País da UE

1

520,00€

275,00€

As tarifas da manutención están publicadas neste enlace.

 

  • REQUISITOS DOS CANDIDATOS

Profesores das familias profesionais do IES A Pinguela con oferta de ciclos de grao medio.

 

  • SOLICITUDE

Entregarase en prazo a seguinte documentación ó profesor coordinador de proxectos internacionais e por correo electrónico a ies.pinguela@edu.xunta.gal :

 

  • ORGANOS DE SELECCIÓN

Comisión de Mobilidade, formada por:

    • Director do centro
    • Profesor coordinador de proxectos internacionais
    • Xefe do departamento de imaxe persoal
    • Xefe do departamento de administrativo
    • Xefe do departamento de informática

 

  • CRITERIOS DE SELECCIÓN

Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:

1

Nivel acreditado da lingua no país de destino:
Según nivel ECRFL <A1:0; A1:4; A2: 6; B1:8; >=B2: 10

30%

2

Proxecto Formativo:
Avaliado pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en  conta a xustificación e a adecuación dos obxectivos

70%

 

  • MEMORIAS
    • Entregarase unha memoria final, que inclue o certificado da estadía no plazo dun mes a partir da data de finalización da estadía formativa segundo o seguinte anexo (pódelo descargar nesta ligazón)
    • Ademáis cumplimentarase online unha memoria para Erasmus+.

 

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE BENEFICIARIOS

Avaliadas as solicitudes pola comisión de mobilidade, publicarase neste sitio web.

 

  • PRAZO DE RECLAMACIÓNS

Habilitarase un prazo de reclamacións á listaxe provisional de tres días hábiles dende a publicación da mesma. Serán dirixidas ao profesor coordinador de proxectos internacionais no correo ies.pinguela@edu.xunta.gal.

 

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE BENEFICIARIOS

Finalizado o prazo de reclamacións, publicarase a listaxe definitiva de beneficiarios neste sitio web.

 

  • CONVOCATORIAS ANTERIORES

Convocatoria 2018

Convocatoria 2017



 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela