CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ALUMNADO DE CICLOS MEDIOS PARA PRÁCTICAS (FCT NO ESTRANXEIRO): ABRIL-XUÑO 2017.
Proxecto: 2016‐1‐ES01‐KA102‐024455 - EUROPING16/18
BASES DA CONVOCATORIA:
Bolsas para realizar prácticas en empresas do estranxeiro, que computarán como horas do módulo de FCT, para alumnos de ciclos formativos de grao medio do IES A Pinguela dentro do programa Erasmus + (proxecto: 2016‐1‐ES01‐KA102‐024455 - EUROPING16/18 )
Período de realización : abril a xuño de 2017.
Duración: 11 semanas (77 días)
Número de prazas: 6
Prazo de presentación: ata o 30 de novembro de 2016
Ciclos formativos:
CMIMP01 Estética e beleza
CMIMP02 Peiteado e cosmética capilar
CMADG01 Xestión administrativa
Países destino: Italia e Portugal.
A empresa será adxudicada polo IES A Pinguela segundo os obxectivos da FCT.
Lengua obxectivo: portugués e italiano
Contía das axudas (80% antes da mobilidade e 20% despois):
DESTINO |
MANUTENCIÓN |
VIAXE |
Italia |
2507€ |
275€ |
Portugal |
2188€ |
180€ |
As tarifas da viaxe están publicadas en:http://www.sepie.es/doc/convocatoria/2016/FP/2016II-1-4II-2-4KA102MonoMultiAnexoIV.pdf
As tarifas da manutención están publicadas en:http://www.sepie.es/doc/formacionprofesional/2016/Tarifas_2016_VET.pdf
- REQUISITOS DOS CANDIDATOS
- Alumnos dos Ciclos Medios de Estética e Beleza, Peiteado e Cosmética capilar e Xestión administrativa durante o curso 2016-2017 que se matriculen do módulo da FCT neste curso en período ordinario.
- Asistencia ás clases de reforzo de idioma inglés impartidas no centro.
Entregarase esta documentación ó profesor coordinador de proxectos internacionais
Os documentos en formato electrónico enviaránse á dirección: ies.pinguela@edu.xunta.es
Comisión de Mobilidade, formada por:
- director do centro
- profesor coordinador de proxectos internacionais
- titores de cada ciclo formativo implicado para o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
- profesor/a responsable da formación lingüística/cultural de reforzo
Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:
1 |
Nivel de ingresos da súa unidade familiar:
Puntuación total (10) se foi bolseiro no curso anterior ó da selección; nula (0) no caso contrario |
10% |
2 |
Expediente académico.
Nota media sobre 10 dos módulos ata dous trimestres antes da FCT |
20% |
3 |
Nivel acreditado da lingua no país de destino.
Para elo tendranse en conta os estudos previos do idioma do país de acollida que acredite e realizaraselle unha proba avaliadora de selección enfocada cara a comprensión e a expresión oral e escrita por parte do profesor responsable da formación lingüística e cultural ou outro colega con competencias no idioma obxectivo (Puntuación segundo os niveles ECRFL acreditados <A1:0; A1:4 ; A2: 6; B1:8 ; >=B2: 10)
Para linguas de destino distintas do inglés, se o candidato non acredita competencias nela, valoraranse as competencias acreditadas en inglés según o nivel ECRFL <A1:0; A1:1 ; A2: 2; B1:3 ; >=B2: 4 |
30% |
4 |
Nivel de motivación para participar no proxecto e madurez persoal:
Avaliada pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en conta: motivación, habilidade de comunicación, flexibilidade, empatía, capacidade de traballo en equipo, capacidade de compromiso, responsabilidade. |
40% |
Alumnos seleccionados como participantes:.
NOME E APELIDOS |
CICLO |
DESTINO |
Rosanna Monje Egea |
CM PELU |
PT |
Sara Gonçalves dos Reis Seijas |
CM PELU |
PT |
Ennis Dabriayanara Mendoza Peña |
CM XES |
ITA |
Gabriela Briceño Arias |
CM EST |
ITA |
Sofia Rodríguez Rodríguez |
CM EST |
PT |
|