IES A Pinguela - Proxectos europeos - Introdución
 
   
 
 

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ALUMNADO DE CICLOS SUPERIORES PARA PRÁCTICAS (FCT NO ESTRANXEIRO): ABRIL- XUÑO 2020.

Proxecto: 2019-1-ES01-KA103-061566 - EUROPING - 2020

BASES DA CONVOCATORIA:

  • NORMAS XERAIS

Bolsas para realizar prácticas en empresas do estranxeiro, que computarán como horas do módulo de FCT, para alumnos de ciclos formativos de grao superior do IES A Pinguela dentro do programa Erasmus + (proxecto: 2019-1-ES01-KA103-061566 - EUROPING - 2020)

Período de realización : abril a xuño de 2020.
Duración: 2 meses e 15 días (75 días)
Número de prazas: 4
Prazo de presentación: ata o 20 de outubro de 2019
Ciclos formativos:
CSIFC03 Desenvolvemento de aplicación web
CSADG01 Administración e finanzas
ZSADG01 Administración e finanzas
Países destino: Reino Unido/Irlanda/Italia/Portugal.
O país de destino e a empresa de acollida serán adxudicados polo IES A Pinguela segundo os obxectivos da FCT.
Linguas obxectivo: inglés, portugués e italiano
Contía das axudas (80% antes da mobilidade e 20% despois): 875 €

Anexo de tarifas aplicables en PDF

 

  • REQUISITOS DOS CANDIDATOS
    • Alumnos dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas e Administración de Desenvolvemento de aplicación web en réxime ordinaria e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas en réxime modular para adultos, durante o curso 2019-2020 e que se cursen o módulo da FCT en período ordinario.
  • INSTANCIAS

Entregarase esta documentación ó profesor coordinador de proxectos internacionais

Os documentos en formato electrónico enviaránse á dirección: ies.pinguela@edu.xunta.es

  • ÓRGANOS DE SELECCIÓN

 

Comisión de Mobilidade, formada por:

    • Director do centro
    • Profesor coordinador de proxectos internacionais
    • Titores de cada ciclo formativo implicado para o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
  • CRITERIOS DE SELECCIÓN

Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:

1

Nivel de ingresos da súa unidade familiar:
Puntuación total (10) se foi bolseiro no curso anterior ó da selección; nula (0) no caso contrario

10%

2

Expediente académico.
Nota media sobre 10 dos módulos ata dous trimestres antes da FCT

20%

3

Nivel acreditado da lingua no país de destino.
Para elo tendranse en conta os estudos previos do idioma do país de acollida que acredite e realizaraselle unha proba avaliadora de selección enfocada cara a comprensión e a expresión oral e escrita por parte do profesor responsable da formación lingüística e cultural ou outro colega con competencias no idioma obxectivo (Puntuación segundo os niveles ECRFL acreditados <A1:0; A1:4 ; A2: 6; B1:8 ; >=B2: 10)
Para linguas de destino distintas do inglés, se o candidato non acredita competencias nela, valoraranse as competencias acreditadas en inglés según o nivel ECRFL <A1:0; A1:1 ; A2: 2; B1:3 ; >=B2: 4

30%

4

Nivel de motivación para participar no proxecto e madurez persoal:
Avaliada pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en  conta: motivación, habilidade de comunicación, flexibilidade, empatía, capacidade de traballo en equipo, capacidade de compromiso, responsabilidade.

40%

 

  • RESOLUCIÓN

Publicarase neste sitio web.



 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela