IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en rede
ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE
 
  CICLO SUPERIOR  
 
INTRODUCIÓN

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacións concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

- Organización e control dos servicios en sistemas informáticos de tipo medio (ordenadores PC's e/ou minis) operando en contornos monousuario, multiusuario e/ou conectados en rede local.

- Supervisión da entrega e aceptación de material informático (equipos, productos "software" e soportes de información).

- Instalación, configuración e integración de productos "software" no sistema.

- Instalación e configuración de equipos (ordenadores e periféricos) en contornos monousuario e multiusuario.

- Deseño e realización de probas de equipos e programas.

- Establecemento de procedementos para a seguridade e protección do sistema e a información.

- Identificación de problemas na utilización do sistema, derivados da instalación e/ou configuración errónea de equipos e programas.

- Control do mantemento operativo ou preventivo realizado ós equipos e instalacións.

- Realización de guías, manuais e programas que lle faciliten ó usuario/cliente a explotación do sistema e/ou as aplicacións.

- Elaboración de informes técnicos sobre as prestacións de novos equipos e programas para a toma de decisións polo usuario/cliente.

Currículo do ciclo formativo
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela