CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO
Esta profesional exercerá ou seu traballo en:
- Empresas encadradas en distintos sectores de actividade económica, dentro do departamento de informática ou de proceso de datos, departamento técnico,...
- Empresas de servicios informáticos, no sector de servicios ás empresas.
- Administración pública.
Sitúase fundamentalmente nas funcións/subfuncións de servicio técnico: Instalación, mantemento, explotación e soporte ó usuario.
OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO TIPO MÁIS RELEVANTES
A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enuméranse a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:
- Administrador de sistemas informáticos en contornos monousuario e multiusuario.
- Xefe de explotación de sistemas informáticos en PEMES.
- Administrador de redes de área local.
- Técnico en información e asesoramento en sistemas e aplicación informáticas.
- Administrador de base de datos.
- Técnico en instalación de sistemas e aplicacións. |