FAQ's
(Preguntas frecuentes)
Convivencia (RRI).
- ¿Qué é o RRI?
- RRI son as siglas do Regulamento de Réxeme Interno, documento onde se recollen as normas que regulan a convivencia na nosa comunidade educativa. É un documento público que se pode descargar ou consultar na biblioteca.
- ¿Pode un alumno da ESO saír do Centro en horario lectivo?.
- Non. Tan só poderá saír con permiso expreso do seu pai/nai ou titor legal.
- ¿Pódese usar o teléfono móvil e os reproductores de música durante a estadía no centro?.
- Non. Somentes no recreo. Pero non nas aulas, pasillos e outras dependencias onde se esté desenrolando a actividade académica. O artigo 84 do RRI (apartado f) considera conducta perxudicial: "a tenencia, dentro do recinto escolar, de obxectos non relacionados coa actividade docente e susceptibles de causar danos ás persoas e/ou instalacións, e o uso de obxectos non relacionados coa actividade docente (en particular teléfonos móbiles e outros aparatos electrónicos) susceptibles de interferi-lo normal desenvolvemento da mesma". Advírtese que o uso indebido destes aparatos pode, a maiores, ser obxecto de responsabilidades xudiciais.
- ¿Pódense tomar alimentos ou bebidas nas aulas e pasillos?.
- Non. O lugar para face-lo é a cafetería-comedor e os patios, durante o período de lecer, depositando os restos nos lugares destinados ó lixo. O artigo 68 do RRI dí: "Os alumnos deberán coidar e utilizar correctamente os bens nobles e as instalacións do Centro, especialmente no tocante a limpeza; sendo a Cafetería, o Comedor e as zonas de lecer, agás as pistas deportivas, as únicas zonas autorizadas para a inxestión de alimentos ou bebidas. Así mesmo os alumnos deberán respecta-las pertenzas de outros membros da Comunidade Educativa".
- ¿Pódese prohibir a un alumno a participación en actividades extraescolares e/ou complementarias?.
- Si, cando amosase unha conducta perxudicial para a convivencia. Artigo 89 do RRI.
Arriba