FAQ's
(Preguntas frecuentes)
Administrativas.
- Neste documento da Consellería de educación atoparase resposta a moitas das preguntas que poidan xurdir sobor dos libros de texto.
- Cando non se ten dereito ó comedor, ¿pódese quedar a comer pagando a comida?
- Si. Pero deben abonar o prezo da comida (aproximadamente 4 €).
- ¿Cándo, de modo xeral, se envían as cualificacións os pais ou titores dos alumnos?
- O remate de cada trimestre.
- ¿Qué ten que facer un pai/nai/titor cando reciba as cualificacións?.
- Devolverlas asinadas ó titor/a.
- ¿Quén pode solicitar a exención en Lingua Galega, cándo ten que facelo e onde entrega a documentación?.
- Ver o apartado exencións da páxina Información.
- Se un alumno se marcha a estudiar a outro centro, ¿qué ten que facer?
- Asegurarse que ten praza no novo centro e solicitar un certificado académico neste centro para facelo traslado ó novo.
- ¿Para qué serve o carné de estudiante?. ¿Debe levarse con un?.
- Serve para identificarte como alumno do I.E.S. "Santiago Basanta Silva" ante o persoal do Instituto que o requira. Tamén para optar os descontos establecidos para estudiantes en visitas a museos e institucións de caracter público e privado; tanto se vas en visitas de estudios ou ca tua familia. É necesario para facer os exames de pendentes ou de setembro, pois os profesores que te coñecen non teñen por que estar alí. (No seu defecto debes ter o DNI).
- ¿Qué sucede se, nun exame de asignaturas pendentes ou de setembro, non levo o carné escolar ou DNI?
- Non podes face-lo exame se ningún profesor da asignatura te pode identificar.
- Na ESO, ¿hai que facer un curso completo ou pódense cursar parte das asignaturas, e deixar as outras para o curso seguinte?.
- No réxime ordinario de estudios, é obrigatorio cursar sempre cursos completos.
Arriba