FAQ's
(Preguntas frecuentes)
Académicas
- ¿Cántas veces se pode repetir curso na ESO?.
- Duas veces.
-
- ¿Cántas asignaturas suspensas obrigan a repetir curso?.
- Tres.
- ¿Pódese repetir un mesmo curso máis dunha vez?.
- Non, salvo excepciòns.
-
- Se, en xuño, se suspende algunha asignatura pero tense aprobada algunha avaliación durante o curso, ¿hai que examinarse en setembro de toda a asignatura, ou só das avaliacións suspensas?.
- Hai que examinarse de toda a asignatura.
- Se se teñen asignaturas pendentes de cursos anteriores, ¿hai que recuperalas durante o curso actual?
- Si.
- Se se aproba unha asignatura no curso actual pero se ten suspensa a mesma asignatura dun curso anterior, ¿queda tamén aprobada a asignatura do curso anterior?
- Si, sempre que se trate dunha asignatura con progresividade. Ver na páxina de Información o apartado adicado a pendentes.
- Un alumno que está nun agrupamento específico ¿pode voltar a clase habitual o longo do curso?.
- Si. O agrupamento específico é unha medida flexible de atención a diversidade.
- Un alumno que está nun agrupamento específico, ¿ten que seguir tamén o vindeiro curso no agrupamento?.
- Non. No caso de que haxa ese mesmo agrupamento, poderá estar se foi proposto para él e admitido.
- Un alumno que está nun Programa de Diversificación curricular, ¿pode repetir curso?.
- Non.
- ¿Cántas veces se pode repetir curso no bacharelato?.
- Duas veces. (Hai catro anos para completar o Bacharelato).
- ¿É certo que, en segundo curso de Bacharelato, se só suspendes unha asingatura, apróbancha?.
- Non. Non existe tal norma. Hai que aprobar todas as asignaturas para superar o curso.
- ¿En qué se diferencian as actividades complementarias das extraescolares?.
- Teñen caracter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación (do departamento que a fai), teñen caracter diferenciado polo memento, espacio ou recursos que utilizan. Por exemplo: visitas, traballos de campo, viaxes de estudio, conmemoracións e outras semellantes.
Teñen carácter de extraescolares aquelas actividades que, sendo organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, aprobada polo Consello Escolar, se realizan fóra de horario lectivo.
- ¿É obrigatorio participar nas actividades complementarias?.
- Non. A participación é voluntaria.
- ¿É obrigatorio participar nas actividades extraescolares?.
- Non. A participación é voluntaria.
- ¿De qué asignaturas pode un alumno quedar exento?.
- De Lingua Galega, e da parte práctica de Educación Física.
- Un alumno exento da parte práctica de Educación Física, ¿non ten que facer nada nesa asignatura?.
- Ten que estudiar e facer as tarefas da parte teórica que figuren na programación e, o profesor, lle indique.
- Un alumno exento en Lingua Galega, ¿non ten que facer nada nesa asignatura?.
- Ten que asistir a clase e seguir as indicacións do profesor. En caso contrario pódese revocar a exención.
- Un alumno exento en Lingua Galega, ¿pode perder a exención?.¿Por qué motivos?.
- Si. Os motivos están recollidos la Orde que regula as exencións.
- ¿Canto tempo pode durar a exención en Lingua Galega?.
- Ata tres cursos (en casos excepcionais pode ser un ano mais).
Arriba