IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Pendentes.

O alumnado con materias pendentes de cursos anteriores teñen a obriga de recuperalas, segundo o estableza cada departamento na súa programación. As datas das probas de recuperación para o alumnado con materias pendentes, faranse públicas pola Xefatura de Estudos e os Departamentos correspondentes.

As materias pendentes con contidos progresivos son aquelas materias, áreas e áreas de ámbito que posúan o mesmo nome en diferentes cusos da ESO, non necesariamente consecutivos, que se recollen no anexo III da Orde do 30 de setembro de 2004 sobre avaliación, promoción e titulación na Educación Secundaria Obrigatoria (DOG nº 206 do venres 22 de outubro do 2004). No caso das áreas de lingua estranxeira e da materia optativa de segunda lingua estranxeira, a consideración de materias con contidos progresivos estará supeditada á continuidade do idioma cursado.

Establécese nese anexo que as materias con contidos progresivos son: Educación Física, Educación Plástica e Visual, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira , Lingua Galega e Literatura, Matemáticas e Relixión.

Entre as optativas: Cultura Clásica, segunda Lingua Estranxeira, Obradoiro de Comunicación Oral e Obradoiro de Matemáticas. Así mesmo, tamén terán a consideración de materias con contidos progresivos as áreas de ámbito dos programas de diversificación curricular de dous anos.

Unha materia pendente, con carácter de progresiva, quedará aprobada en calquera das dúas situacións seguintes:
a)Ter superadas as probas establecidas para ela.
b)Ter aprobada a mesma asignatura no curso onde está o/a alumno/a actualmente (aínda que non se superaran as probas da pendente).

Para aprobar unha materia pendente non progresiva hai que superar os mínimos establecidos polo departamento correspondente, segundo o procedemento establecido na súa programación.

A Xefatura de Estudos, en coordinación con diferentes departamentos, exporá o calendario de probas para o alumnado con materias pendentes cando comence o seguinte curso.


Arriba

Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · correo-e:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva