IES SANTIAGO BASANTA SILVA


Exencións.

  • En Lingua Galega.

  • Está regulada polo Decreto 253/1990, do 18 de abril (D.O.G. do 2 de maio de 1990). Pode optar a ela o alumnado que se incorpore o sistema educativo de Galicia procedente doutras comunidades autónomas, ou do estranxeiro. A exención refírese tan só ás probas de avaliación da materia de lingua galega pero, como medio de integración lingüística é obrigada a asistencia ás clases. O incumprimento, por parte do alumnado,das súas obrigas determinará, (tras os informes pertinentes -segundo proceda- do profesor, do Departamento de Galego e mais da dirección do centro, con audiencia do Consello Escolar e oído o interesado ou, se é o caso, o representante legal), a revogación da concesión de exención. Tanto a revogación coma a denegación da exención producirán como efecto a obriga para o alumno de ser cualificado nas avaliacións parciais e na final do curso no que se atopa.

    As exencións solicitaranse para cada ano académico de permanencia na Comunidade Autónoma de Galicia e os seus efectos limitaranse ao citado ano, sen que se poidan conceder en máis de tres consecutivos. As solicitudes presentaranse nas delegacións provinciais da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (a comenzo do curso), as cales resolverán sobre a súa concesión ou denegación; contra estas resolucións poderase recorrer perante o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

    Malia ao establecido anteriormente, o alumnado poderá ter dereito a unha nova exención se se cumpren as dúas condicións seguintes: a) Acreditación documental, ao comenzo dese cuarto ano académico, do traslado de residencia, seu e dos pais ou titores, para fóra da Comunidade Autónoma. b) Informe positivo da dirección do Centro, logo de audiencia do profesor, do Departamento de Galego e do interesado ou do seu representante legal.

    Poderán obter tamén a exención da materia de lingua galega o alumnado con deficiencias, especialmente auditivas, que acredite o grao de deficiencia, segundo o estableza a Consellería de Educación, e declaren estar instalados na outra lingua oficial de Galicia.

    Para máis información consultar na Secretaría do Instituto.

  • En Educación Física

  • Cando por razóns médicas, debidamente acreditadas, un alumno non poida ou non deba realizar actividade física parcial ou total, estará exento da parte práctica correspondente durante o tempo que os respectivos informes médicos aconsellen. Malia todo, deberá facer as tarefas e traballos de carácter teórico que se establezan na programación da materia e lle sexan encomendados polo profesorado, estando suxeitos á correspondente cualificación.


Arriba

Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · correo-e:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva