Club de lectura Raiña Lupa do IES de Brión

Desde o ano 2008 hai no centro un club de lectura formado por alumnas e alumnos de distintos grupos e niveis. Lemos unha media de catro libros cada curso en galego e castelán e xuntámonos para poñer en común as nosas impresións e opinións sobre o lido. Tamén vemos películas que teñan relación coa temática das nosas lecturas.
Este curso mesmo fixemos unha saída a Santiago para visitar a biblioteca da Fundación Caixa Galicia:

Na Libraría Couceiro amosáronnos o seu obradoiro de restauración de libros:

E alí mesmo tivemos a sorte de coincidir con Pepe Carreiro, quen moi amablemente nos  agasallou con varios debuxos:

Desde o curso pasado temos un blog no que podedes consultar os libros que lemos e ver outras recomendacións feitas polo alumnado, sobre todo pola nosa infatigable lectora Ana Souto.


clublecturarainhalupa.blogspot.com


Visitádenos e comprobaredes que a lectura é un pracer que se pode compartir... e contaxiar.


¡Contamos con vós para o vindeiro curso!