O enfermo imaxinario de Molière
Adaptación teatral e dirección de Beatriz Graña Barcia
Por quinto ano consecutivo o IES de Brión participou, xunto a outros institutos de Galicia e de toda España, no proxecto teatral “CaixaEscena” da fundación “ La Caixa” Este ano a obra escollida por nós foi “O enfermo imaxinario” de Molière.
Participaron 12 alumnas/os de 1º ESO representando a 15 personaxes:
1º A
Sergio Camiño Ferreiro ..... BONAFÉ e SOLDADO 2
Lucía García García ..... BERNALDA
Sergi López Biel ..... CATÓN
Uxía Mouriño Godoy ..... PURGÓN
Uxía Nieto Pérez ..... MARTIÑA
Lorena Quinteiro Dosil ..... NOTARIO e SOLDADO 1
Mónica Rodríguez Somoza ..... BELISA
1º B
Samuel Batalla Mato ..... ESGANARELLO e DIAFAURUS PAI
Iago López Gómez ..... TOMÁS DIAFAURUS
Francisco Mella Sánchez ..... ARGÁN
Paula Rodríguez Godino ..... TONIÑA
Mar Tobío Mouriño ..... ANXÉLICA
A estrea foi o día 8 de xuño de 2011 para os compañeiros de 1º ESO e o día 10 de xuño para o alumnado de 6º curso de Primaria do CEIP de Pedrouzos.
O resultado do traballo en equipo, a convivencia, a expresión oral, a lectura, as habilidades sociais, entre outros aspectos, foi moi satisfactorio. O resultado artístico quedou reflexado nos aplausos do público.
Parabéns a todas e todos!
Beatriz Graña Barcia (directora do grupo de teatro do IES de Brión).