Letras na carballeira

            O 25 de maio fixemos o acto de clausura das actividade dos bosques. Fixo de presentadora Erica González Castro que leu o manifesto:

"Dos sonorosos bosques ao rock urbano".

      Despois fixo a presentación do alumnado que actuou para o instituto en pleno nunha soleada xornada de primavera baixo a sombra dos centenarios carballos de Santa Minia. Á parte de poesía puideremos escoitar os traballos feitos nas aulas do ao longo do curso e dos distintos grupos. Como sería moi longo e perderiamos a concentración, decidimos facer unha pequena selección.

            1º ESO. Lerán as lendas dos bosques o seguinte alumnado.

1ºA

-Uxía Nieto Pérez: “O segredo dos sete cruceiros”

-Mónica Rodríguez Somoza: “O Porviso na cociña”

-Pablo Souto Villanustre: “A luz”

-Iago Rocamonde Bustelo: “A Santa Compaña”

            1ºB

-Cristina Barbazán: “Xacobe”

-Paula Rodríguez Godino: “María, ura, ura, ura”

-Samuel Batalla Mato: “O preso”

-Mar Tobío Mouriño: “O Urko”

2º ESO. En representación dos grupos de traballo lerán os monólogos de “Se eu fose un carballo da Carballeira de Santa Minia”:

4º ESO: En 4º estiveron traballando a poemas ao bosque.

                        4ºA

-Iago González Rodríguez

-Manuel Rodríguez García

            4ºB

-Mateo Vidal Vázquez

-Ana Souto Villanustre

1º BACHARELATO:

Os alumnos Xaquín Mato Paredes, Diego Eitor Casal e Carlos Taboada van representar o “Triálogo- Carballeira edition”

            Despois de escoitardes esta explosión de creatividade nesta fermosa carballeira onde podedes desfrutar da ampla e acolledora biblioteca municipal, imos escoitar o grupo de rock Vicky Polard, composto por estudantes da bisbarra de Santiago. Tocaron pezas de creación propia, con letra de Lois Pereiro: "Vencido" e outros temas de grupos que cantaban en inglés que o autor monfortino lle gustaba moito.

            Para rematar o grupo de instrumentistas do instituto xunto coas profesoras Lidia Sánchez, Bernice Finn, Carmen García... e dirixidas pola profesora de música Nanina Santos van tocar e cantar “Miña Terra Galega”.

Podedes ver a GALERÍA DE IMAXES

01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38