Grammar @ 30 Oct 2010 07:32 pm
Noelia Boga Sanmartín 4º ESO
En maio de 2010 estivemos en Peterbouroug,Inglaterra.Ese proxecto pareceume moi interesante xa que,aprendimos moito inglés ,pero sobre todo,aprendimos a convivir con xente que tiña outra lingua outros costumes,etc.
O que máis me gustou foi coñecer algunhas das costumes inglesas ,pero sen dúbida o que máis me gustou foi coñecer Inglaterra.Logo o que menos me gustou foi ter que volver tan pronto!
Descubrin que alí a xente é moi amable pero sobre todo simpática.Tamén aprendín a relacionarme e a expresarme noutra lingua.
Dende logo,algo que teño moi claro é que volvería a participar noutro intercambio.Faríao porque é moi divertido coñecer xente diferente a ti en canto as costumes.E por suposto que tamen porque é moi divertido cando non che sae unha palabra e che da a risa.
Teño que facer unha recomendación, que os intercambios deberíamolos facer todos ,xa que,despois de estar noutro país gañas moito en pronunciación e en cultura.Pero sobre todo gañas en solidarización cos demais.