Artigo enviado para Xeral o 2 December, 2011 0 comentarios »
QUEN SON EU
Nota previa: Este é un traballo voluntario para o alumnado de 1º de bacharelato que queira mellorar nota. Os traballos deben ser enviados a este blog antes do venres da semana vindeira (día 9 de decembro).
“Coñécete a ti mesmo” era a frase que, segundo as crónicas, figuraba na entrada do venerado templo de […]
Artigo enviado para Xeral o 1 December, 2011 1 comentario »
RESUMO DAS LECTURAS DESENVOLVIDAS
Antonio Damasio, partindo das achegas da neurociencia, rexeita a escisión entre “mundo mental” e “mundo físico”, presente en boa parte da tradición filosófica e que tería a súa orixe no que el denomina un “abismo intuitivo”, isto é, a “intuición” (lembremos que chamamos “intuición” ao coñecemento inmediato, o que se nos presenta […]
Artigo enviado para Xeral o 25 November, 2011 0 comentarios »
O clube de lectura filosófica está aberto a todo o alumnado interesado en manter unha tertulia quincenal a partir das lecturas de textos filosóficos especialmente seleccionados. En principio, os textos serán seleccionados polo profesor pero os alumnos e alumnas participantes poderán propór e escoller novas lecturas.
O tema inicial para a selección de lecturas será “As […]
Artigo enviado para Xeral o 25 November, 2011 0 comentarios »
ORIENTACIÓNS PARA 1º DE BACHARELATO (1º A e 1º B)
CONDICIÓNS PARA A AVALIACIÓN:
A avaliación fundamentarase nos seguintes materiais e actividades:
1. Libro de texto
O libro de texto do alumnado será Filosofía e Cidadanía, Bacharelato 1, de Edicións Xerais de Galicia. Cómpre ter en conta que o libro de texto é concibido como un material de consulta e […]
Artigo enviado para Xeral o 6 April, 2010 0 comentarios »
Para o traballo de fin de curso podedes optar entre dúas opcións:
Opción 1
Desenvolver un breve ensaio persoal sobre calquera dos seguintes temas, xa tratados na clase:
- O valor da filosofía para a formación dun adolescente do século XXI.
- Que é a filosofía para ti?
- O problema do coñecemento e a verdade.
- A importancia de saber argumentar correctamente.
- Por que se […]
Artigo enviado para Xeral o 24 January, 2010 0 comentarios »
Este traballo deberá ser entregado, como moi tarde, dúas semanas antes das datas de avaliación deste Segundo Trimestre.
SARTRE E CAMUS, UN DEBATE QUE CONTINÚA
Anos cincuenta. París de posguerra. Jean- Paul Sartre, filósofo xa célebre. Albert Camus, xornalista e escritor, que se fixera famoso despois do éxito da súa primeira novela, L’étranger (O estranxeiro). Sartre […]
Artigo enviado para Xeral o 13 January, 2010 0 comentarios »
Como podedes ver, incluín no blog cinco comentarios avaliados por extenso. Foron os únicos incorporados debidamente como “comentarios” do propio blog, coa particularidade de que os autores de dous deles o fixeron como comentario á presentación, no canto de comentario ao primeiro traballo, como deberían ter feito. Hai aínda outros dous traballos que me chegaron […]
Artigo enviado para Xeral o 28 September, 2009 3 comentarios »
Representacións pictóricas do filósofo grego Demócrito de Abdera e da morte de Sócrates
Descartes, filósofo racionalista, e Locke, filósofo empirista do século XVII. Kant, filósofo ilustrado do XVIII
Karl Marx e Friedrich Nietzsche, dous filósofos alemáns do século XIX
Olla estas imaxes de filósofos. As máis antigas son representacións artísticas de algunhas das figuras […]
Artigo enviado para Xeral o 22 September, 2009 2 comentarios »
Neste espazo irán aparecendo as propostas de traballo a desenvolver en grupo cada trimestre.
Ofrécese tamén a posibilidade de que sexades vós mesmos/as os/as que propoñades temas alternativos aos propostos polo profesor, sempre que o fagades na semana inmediata á aparición da proposta deste.
É importante que vos rexistredes para poder enviar directamente as vosas contribucións.
Para comezar, […]