IES ELVIÑA           CURSO 2006-07

INICIO

                    

i.e.s. elviña

Polígono de Elviña 2ª Fase, s/n

C.P. 15008

Telf: 981242911

     A Coruña

 

 
 

Unha ferramenta moi importante para á preparación de clases, é o uso da Informática e Internet, onde se encontra todo tipo de información e a base de datos máis grande do mundo, con temas totalmente actualizados.

 O acceso a esta información faise a través dun ordenador que estea conectada a Internet, e coa la información obtida (texto, imaxes fixas, vídeo clips, vídeos, músicas e sons), que se gardan no disco duro do ordenador, pódense preparar excelentes clases de tódalas áreas, as cales poden ser presentados con sistemas multimedia.

            A metodoloxia será evidentemente practica e colaborativa, onde a discusión e o intercambio de experiencias sexan un dos motivos principais non sen deixar ceibe a creatividade grazas á búsqueda autónoma e guiada así coma a experimentación.

Poderemos resumi-la metodoloxia en actividades de diversos tipos:

-          Clase Maxistral: Sesión informativas teórico-practicas

-          Actividades en Gran Grupo. Intercambio de traballos, experiencias

-          Actividades Pequeno Grupo: por afinidades, intereses ou nivel.

-          Actividades e prácticas a nivel individual: exercicios e experimentación.

-          Discusión (online eoffline) e valoración dos coñecementos adquiridos, así coma toma de decisións.

Conclusións: Memoria do Seminario, intercambio de experiencias e documentacións, avalición dos resultados.

Realizarase unha sesión de avaliación final de dúas horas, valorando a utilidade deste traballo para Centro.

Este documento pretende ser práctico e polo tanto pretende se-lo borrador que

se presente ante a comunidade escolar (Claustro e Consello Escolar) para que sexa aprobado durante este curso.

 - EDUARDO RODRIGUEZ MACHADO - IES ELVIÑA