
É evidente que as novas
tecnoloxías anegan a vida diaria nos centos educativos. Internet, os
procesadores de texto,
base de datos…facilitan e
optimizan a xestión escolar así coma diversifican metodoloxicamente os
contidos da mesma posibilitando a creación
de novos materiais didácticos (software educativo, jclic,
webloggers, wiki, webquest, foros…).
É por iso que debemos prestar
atención nesa informática practica, alonxada de reduccionismos teóricos,
unha informática do día a día que
axude á actualización da comunidade educativa no eido das Novas
Tecnoloxías.
Con todo isto preséntase un
Proxecto de Grupo de traballo vertebrado na Ofimática e no uso de
Internet que pretenden dar resposta a
facilita-los procesos de xestión na aula (exames, datos de alumnos,
control de asistencia, bases de datos, ) así coma de enriquecer
didacticamente as materias a través dos recursos ofertados pola rede.