|
I.E.S. GREGORIO
FERNÁNDEZ
|
|
Departamento de Inglés
Estamos comezando a nosa viaxe polo espacio de Internet e imos empezar pouco a pouco. Aí vos van algunhas cousiñas de entrada. Profesorado titular: * José Eduardo Rey Moure * Raquel Arias Arias (xefa de departamento) * Alfonso Goyanes López
Libros de texto (curso 2004/2005) Son todos da editorial Oxford University Press 1º ESO Spotlight 1. 2º ESO Spotlight 2. 3º ESO Spotlight 3 4º ESO New Thumbs up! 4 Nos demais cursos non utilizamos durante este ano libro de texto
Este vai se-lo título desta sección onde iremos recuperando erros habituais que cometedes. Ademais, imos incluír as traduccións literais que facedes do castelán ou galego ó inglés e que, en moitos casos, como no título desta sección, non teñen sentido na lingua de Shakespeare. Para empezar, imos poñer algunhas destas traducións literais que aparecen no libro From Lost to the River –De perdidos al río- (de Ochoa, Ignacio e López Socasau, Federico; Ed. Temas de hoy).
To put someone green =>Poñer a alguén verde. To pay the duck => Paga-lo pato. The oven is not for buns => Non está o forno para bolos. To be with the fly behind the ear => Estar coa mosca detrás da orella. To be a cousin => Ser un primo.
Así que non se che ocorra poñer nada parecido. E por favor, nunca máis escribas STUDING ( é studying).
Podes acceder os seguintes arquivos que conteñen diversos aspectos gramaticais do inglés:
| ||||||||||||||||||||