PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO
UD1 - Actividade Económica e Sistemas Económicos
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD1
1. Identificar o ciclo da actividade económica. Distinguir sistemas económicos e formar un xuízo persoal acerca das vantaxes e inconvenientes de cada un deles.
2. Manifestar interese por coñecer e interpretar con sentido crítico e solidario os grandes problemas económicos actuais, en especial as desigualdades económicas e a sobreexplotación de recursos naturais, así como os derivados da globalización da actividade económica.
3. Relacionar feitos económicos significativos co contexto social, político, histórico e cultural en que tiveron lugar. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás. Formular xuízos persoais acerca da conveniencia ou non da intervención da Administración pública na economía e dos seus efectos.
6. Formular xuízos persoais acerca de problemas económicos de actualidade. Comunicar opinións argumentando con precisión e rigor a partir de conceptos e principios económicos elementais. Aceptar a discrepancia e os puntos de vista distintos como vía de enriquecemento persoal.
7. Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicacións e/ou internet sobre desaxustes económicos actuais e contrastar as medidas correctoras de política económica que se propoñen. Formular xuízos persoais sobre elas e comprender que as decisións implican, en ocasións, elixir entre obxectivos en parte contraditorios para os diferentes axentes económicos.
8. Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o medio natural e a calidade de vida das persoas, así como o diferente grao de desenvolvemento das distintas rexións e países. Reflexionar sobre a necesidade de acadar un desenvolvemento sustentable.
9. Abordar de maneira autónoma e razoada problemas económicos do contorno, utilizando os procedementos de indagación das ciencias sociais e diversas fontes e medios de información, en especial as tecnoloxías da información e comunicación. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás do contorno.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD1
UNIDADE DIDÁCTICA 1 – ACTIVIDAD ECONÓMICA E SISTEMAS ECONÓMICOS
UNIDADE 1 – ACTIVIDADE ECONÓMICA E SISTEMAS ECONÓMICOS
1 – CONCEPTO DE ECONOMÍA. A ESCASEZA
1.1 - O problema da escaseza
1.2 – O contido económico das relacións sociais
2 – O CUSTO DE OPORTUNIDADE. A FRONTEIRA DE POSIBILIDADES DE PRODUCIÓN
2.1 - A fronteira de posibilidades de produción
3 – RELACIÓNS DE INTERCAMBIO
3.1 - Os factores produtivos
3.2 - Os axentes económicos
3.3 - Relacións de intercambio
3.4 - Os problemas básicos da economía
4 – OS SISTEMAS ECONÓMICOS
4.1 - Historia do pensamento económico
4.2 - Outras tendencias da economía na actualidade
5 – ECONOMÍA E TERRITORIO
- Poboación
- Saldos migratorios
- Taxas de actividade e paro
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD1
- Saber explicar de maneira desenvolvida o concepto de economía
- Explicar o concepto de escaseza, necesidade e ben. Diferenciar as necesidades primarias das secundarias e os bens dos servizos.
- Saber explicar o concepto de custo de oportunidade cun exemplo
- Saber explicar o significado da fronteira de posibilidades de produción, diferenciando os puntos eficientes, dos ineficientes e imposibles.
- Realizar a representación gráfica da fronteira de posibilidades de produción, con rigor (nomeando e explicando todos os puntos importantes, nomeando os eixes correctamente e indicando as unidades de medida, así como a súa correcta ubicación na gráfica).
- Identificar os diferentes factores produtivos, así como os axentes que interveñen na economía para entender as relacións de intercambio entre eles.
- Identificar os problemas básicos da economía
- Identificar as diferentes correntes de pensamento económico ao longo da historia, así como as tendencias actuais.
- Identificar as características básicas poblacionales do municipio do estudante e poder comparalas co seu contorno de maneira analítica.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD1
1. Identificar os problemas económicos básicos dunha sociedade, caracterizando a forma de resolvelos nos principais sistemas económicos, así como as súas vantaxes e inconvenientes.
Trátase de comprobar que o alumnado recoñece a escaseza e a necesidade de elixir como as claves determinantes dos problemas básicos de todo sistema económico, así como as necesidades máis comúns que hai que atender a partir da análise do seu contorno. Ademais, trátase de asegurar que diferencia as distintas formas de abordar e resolver estes problemas nos principais sistemas económicos actuais e do pasado, analizando as vantaxes e inconvenientes de cada un deles e as perspectivas que se nos presentan de cara ao futuro. Valorarase a súa toma de conciencia da necesidade de xestionar os recursos dun xeito sustentable para poder satisfacer as necesidades presentes e futuras.
11. Buscar, ler, interpretar e elaborar información estatística e gráfica sobre cuestións económicas de actualidade, diferenciando aspectos positivos de aspectos normativos.
Trátase de trasladar información nunha linguaxe verbal a outra estatística e gráfica (ou viceversa), utilizando as ferramentas fundamentais de cálculo, así coma os programas informáticos para o tratamento e a presentación da información económica. Así mesmo, búscase comprobar que se distingue entre datos, opinións e predicións e se recoñecen distintas posicións económicas que obedecen a distintos tipos de intereses.
12. Identificar e valorar as repercusións sociais das actividades económicas, tomando conciencia da dificultade para compatibilizar un desexable crece mento económico co desenvolvemento da calidade de vida e a igualdade.
Búscase que o alumnado tome conciencia de que o crecemento económico pode traer consigo problemas sociais de todo tipo (consumismo excesivo, esgotamento de recursos, explotación laboral, deterioración do medio natural) e cómpre buscar os medios para conseguir un desenvolvemento económico que garanta a calidade de vida.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD1
Outros (acceso á programación xeral)
(Para voltar a esta páxina, facelo a través do boton atras do navegador)
Temporalización - - - Metodoloxía - - - Criterios e sistemas de cualificación
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD1