PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO

UD4 - Magnitudes Nacionais e Indicadores da Economía

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD4

 

Obxectivos Específicos

1. Identificar o ciclo da actividade económica. Distinguir sistemas económicos e formar un xuízo persoal acerca das vantaxes e inconvenientes de cada un deles.

2. Manifestar interese por coñecer e interpretar con sentido crítico e solidario os grandes problemas económicos actuais, en especial as desigualdades económicas e a sobreexplotación de recursos naturais, así como os derivados da globalización da actividade económica.

3. Relacionar feitos económicos significativos co contexto social, político, histórico e cultural en que tiveron lugar. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás. Formular xuízos persoais acerca da conveniencia ou non da intervención da Administración pública na economía e dos seus efectos.

5. Utilizar técnicas elementais de tratamento e representación de datos sobre a economía galega, española, europea ou doutras zonas do mundo para coñecer e comprender os trazos característicos da situación económica deses territorios e as perspectivas de futuro.

6. Formular xuízos persoais acerca de problemas económicos de actualidade. Comunicar opinións argumentando con precisión e rigor a partir de conceptos e principios económicos elementais. Aceptar a discrepancia e os puntos de vista distintos como vía de enriquecemento persoal.

7. Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicacións e/ou internet sobre desaxustes económicos actuais e contrastar as medidas correctoras de política económica que se propoñen. Formular xuízos persoais sobre elas e comprender que as decisións implican, en ocasións, elixir entre obxectivos en parte contraditorios para os diferentes axentes económicos.

8. Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o medio natural e a calidade de vida das persoas, así como o diferente grao de desenvolvemento das distintas rexións e países. Reflexionar sobre a necesidade de acadar un desenvolvemento sustentable.

9. Abordar de maneira autónoma e razoada problemas económicos do contorno, utilizando os procedementos de indagación das ciencias sociais e diversas fontes e medios de información, en especial as tecnoloxías da información e comunicación. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás do contorno.

10. Coñecer e comprender, dunha maneira crítica, o uso e significado das principais magnitudes macroeconómicas como indicadores da situación económica dun país.

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD4

 

Contidos

UNIDADE DIDÁCTICA 4 – MAGNITUDES NACIONAIS E INDICADORES DUNHA ECONOMÍA

 

UNIDADE 5 – MAGNITUDES MACROECONÓMICAS E INDICADORES DUNHA ECONOMÍA

1. A RENDA E A RIQUEZA
1.1 – Riqueza e renda
1.2 - O fluxo circular da renda

2 – MAGNITUDES MACROECONÓMICAS
2.1 - Conceptos:
2.2 - Do PIB á RPD (Renda Persoal Dispoñible)

3 – A DISTRIBUCIÓN DA RENDA. CURVA DE LORENZ
3.1 - A curva de Lorenz

4 – CRECEMENTO ECONÓMICO, DESENVOLVEMENTO E SOSTENIBILIDADE
4.1 - Os ciclos económicos
4.2 – Sostenibilidade

5 – LIMITACIÓNS DAS MACROMAGNITUDES
5.1 - Renda per cápita/PIB per cápita
5.2 - Magnitudes nominais e reais
5.3 - O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)
5.4 - Índice de Gini
5.5 - A economía sumerxida

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD4

 

Requerimentos Mínimos

- Diferenciar os conceptos de renda e riqueza.
- Diferenciar os datos económicos de axentes individuais dos colectivos.
- Identificar as compoñentes básicos do Produto Nacional.
- Identificar as compoñentes básicos da Renda Nacional.
- Análise das diferentes variables macroeconómicas para entender as súas relacións e diferencias.
- Realizar cálculos con diferentes variables macroeconómicas.
- Comprender o concepto de distribución e redistribución da renda.
- Interpretar os datos que nos ofrece a curva de Lorenz.
- Identificar as causas que provocan os ciclos curtos e longos.
- Valorar criticamente os datos que nos ofrecen as magnitudes macroeconómicas.
- Diferenciar a información que nos ofrecen as diferentes magnitudes macroeconómicas: datos absolutos e relativos, magnitudes nominais e reais, etc.
- Comprender o significado de diferentes indicadores da evolución da economía dun país e mundial.
- Identificar os efectos negativos para a poboación da economía sumerxida.

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD4

 

Criterios de Avaliación

4. Identificar as principais variables macroeconómicas e analizar as súas interrelacións, valorando as limitacións que teñen como indicadores de medida da actividade económica e do benestar dunha sociedade.
Interpretar e tratar con instrumentos informáticos cifras e indicadores económicos básicos.
A través deste criterio preténdese comprobar se se recoñecen as principais macromagnitudes (produto nacional, renda nacional, renda dispoñible, renda per capita), así como as súas   relacións, interpretación, utilidade e limitacións. O alumnado debe recoñecer as limitacións da contabilidade nacional para medir a actividade económica e o benestar dunha sociedade e a necesidade de utilizar indicadores alternativos como o índice de desenvolvemento humano.

9. Analizar posibles medidas redistributivas, os seus límites e efectos colaterais e avaliar as medidas que favorecen a equidade nun suposto concreto.
Este criterio persegue comprobar a capacidade de análise das desigualdades económicas e o modo en que determinadas medidas poden corrixilas. Tamén busca valorar se se recoñece a eficacia da imposición directa e indirecta, as políticas sociais e de solidariedade.

11. Buscar, ler, interpretar e elaborar información estatística e gráfica sobre cuestións económicas de actualidade, diferenciando aspectos positivos de aspectos normativos.
Trátase de trasladar información nunha linguaxe verbal a outra estatística e gráfica (ou viceversa), utilizando as ferramentas fundamentais de cálculo, así coma os programas informáticos para o tratamento e a presentación da información económica. Así mesmo, búscase comprobar que se distingue entre datos, opinións e predicións e se recoñecen distintas posicións económicas que obedecen a distintos tipos de intereses.

12. Identificar e valorar as repercusións sociais das actividades económicas, tomando conciencia da dificultade para compatibilizar un desexable crece mento económico co desenvolvemento da calidade de vida e a igualdade.
Búscase que o alumnado tome conciencia de que o crecemento económico pode traer consigo problemas sociais de todo tipo (consumismo excesivo, esgotamento de recursos, explotación laboral, deterioración do medio natural) e cómpre buscar os medios para conseguir un desenvolvemento económico que garanta a calidade de vida.

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD4

 

Outros (acceso á programación xeral)
(Para voltar a esta páxina, facelo a través do boton atras do navegador)

Temporalización - - - Metodoloxía - - - Criterios e sistemas de cualificación

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD4

 

Unidade Didáctica