PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO
UD5 - Intervención do Estado na Economía
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD5
2. Manifestar interese por coñecer e interpretar con sentido crítico e solidario os grandes problemas económicos actuais, en especial as desigualdades económicas e a sobreexplotación de recursos naturais, así como os derivados da globalización da actividade económica.
3. Relacionar feitos económicos significativos co contexto social, político, histórico e cultural en que tiveron lugar. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás. Formular xuízos persoais acerca da conveniencia ou non da intervención da Administración pública na economía e dos seus efectos.
5. Utilizar técnicas elementais de tratamento e representación de datos sobre a economía galega, española, europea ou doutras zonas do mundo para coñecer e comprender os trazos característicos da situación económica deses territorios e as perspectivas de futuro.
6. Formular xuízos persoais acerca de problemas económicos de actualidade. Comunicar opinións argumentando con precisión e rigor a partir de conceptos e principios económicos elementais. Aceptar a discrepancia e os puntos de vista distintos como vía de enriquecemento persoal.
7. Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicacións e/ou internet sobre desaxustes económicos actuais e contrastar as medidas correctoras de política económica que se propoñen. Formular xuízos persoais sobre elas e comprender que as decisións implican, en ocasións, elixir entre obxectivos en parte contraditorios para os diferentes axentes económicos.
8. Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o medio natural e a calidade de vida das persoas, así como o diferente grao de desenvolvemento das distintas rexións e países. Reflexionar sobre a necesidade de acadar un desenvolvemento sustentable.
9. Abordar de maneira autónoma e razoada problemas económicos do contorno, utilizando os procedementos de indagación das ciencias sociais e diversas fontes e medios de información, en especial as tecnoloxías da información e comunicación. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás do contorno.
10. Coñecer e comprender, dunha maneira crítica, o uso e significado das principais magnitudes macroeconómicas como indicadores da situación económica dun país.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD5
UNIDADE DIDÁCTICA 5 – A TOMA DE DECISIÓNS E A INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMÍA
UNIDADE 6 – INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMÍA
1. FUNCIÓNS DO SECTOR PÚBLICO
2. A POLÍTICA ECONÓMICA. INSTRUMENTOS
3. OS ORZAMENTOS PÚBLICOS
3.1 - Os Gastos Públicos
3.2 - Os ingresos públicos
3.3 - Os impostos
3.4 - Equilibrio orzamentario
4. A POLÍTICA FISCAL E OS SEUS EFECTOS
4.1 - A política fiscal expansiva
4.2 - Política fiscal restritiva
5 - O ESTADO DO BENESTAR
6 - ACTIVIDADES DE DEBATE
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD5
- Comprender as funcións do Estado na economía.
- Diferenciar as diferentes funcións que o Estado desenvolve na nosa economía.
- Identificar as diferentes políticas económicas que pode desenvolver un Estado na economía.
- Diferenciar as políticas coxunturais das estruturais.
- Coñecer as compoñentes básicos que forman os Orzamentos Xerais do Estado.
- Comprender a importancia dos ingresos públicos para que o Estado poida desenvolver a súa función pública.
- Analizar os custos de oportunidade na aplicación dos Orzamentos Públicos
- Comprender as diferentes formas de recadar impostos
- Valorar criticamente os posibles destinos dos Ingresos Públicos.
- Coñecer as consecuencias do equilibrio ou desequilibrio orzamentario.
- Identificar o papel do Estado como garante do crecemento sostido da economía.
- Coñecer os diferentes instrumentos de política fiscal dos que dispón o Estado.
- Identificar os instrumentos de política fiscal expansiva, cando se aplica e comprender as súas consecuencias.
- Identificar os instrumentos de política fiscal restritiva, cando se aplica e comprender as súas consecuencias.
- Coñecer o significado do Estado de Benestar.
- Valorar criticamente a necesidade da existencia dun Estado do Benestar, as diferentes formas de alcanzarlo, así como os seus posibles custos de oportunidade.
- Valorar criticamente os diferentes graos de intervención estatal na economía
- Valorar criticamente a xustiza de diferentes sistemas impositivos
- Recoñecer distintas interpretacións e sinalar as posibles circunstancias e causas que explícanas, a partir de informacións procedentes dos medios de comunicación social e/ou internet que traten, desde puntos de vista dispares, cuestións de actualidade relacionadas coa política económica, distinguindo entre datos, opinións e prediccións.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD5
5. Explicar e ilustrar con exemplos significativos as finalidades e funcións do Estado nos sistemas de economía de mercado, e identificar os principias instrumentos que utiliza, valorando as vantaxes e inconvenientes do seu papel na actividade económica. Describir e relacionar as funcións doutros axentes que interveñen na actividade económica.
A finalidade deste criterio é a de identificar e diferenciar as distintas finalidades (crecemento, sustentabilidade, eficiencia, equidade, estabilidade), funcións (fiscais, reguladoras, redistributivas, estabilizadoras e provedoras de bens e servizos públicos) e instrumentos básicos de política económica que se aplican en casos concretos de intervención do sector público na actividade económica galega e española.
9. Analizar posibles medidas redistributivas, os seus límites e efectos colaterais e avaliar as medidas que favorecen a equidade nun suposto concreto.
Este criterio persegue comprobar a capacidade de análise das desigualdades económicas e o modo en que determinadas medidas poden corrixilas. Tamén busca valorar se se recoñece a eficacia da imposición directa e indirecta, as políticas sociais e de solidariedade.
11. Buscar, ler, interpretar e elaborar información estatística e gráfica sobre cuestións económicas de actualidade, diferenciando aspectos positivos de aspectos normativos.
Trátase de trasladar información nunha linguaxe verbal a outra estatística e gráfica (ou viceversa), utilizando as ferramentas fundamentais de cálculo, así coma os programas informáticos para o tratamento e a presentación da información económica. Así mesmo, búscase comprobar que se distingue entre datos, opinións e predicións e se recoñecen distintas posicións económicas que obedecen a distintos tipos de intereses.
12. Identificar e valorar as repercusións sociais das actividades económicas, tomando conciencia da dificultade para compatibilizar un desexable crece mento económico co desenvolvemento da calidade de vida e a igualdade.
Búscase que o alumnado tome conciencia de que o crecemento económico pode traer consigo problemas sociais de todo tipo (consumismo excesivo, esgotamento de recursos, explotación laboral, deterioración do medio natural) e cómpre buscar os medios para conseguir un desenvolvemento económico que garanta a calidade de vida.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD5
Outros (acceso á programación xeral)
(Para voltar a esta páxina, facelo a través do boton atras do navegador)
Temporalización - - - Metodoloxía - - - Criterios e sistemas de cualificación
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD5