PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO

UD6 - Aspectos Financeiros da Economía

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD6

 

Obxectivos Específicos

2. Manifestar interese por coñecer e interpretar con sentido crítico e solidario os grandes problemas económicos actuais, en especial as desigualdades económicas e a sobreexplotación de recursos naturais, así como os derivados da globalización da actividade económica.

3. Relacionar feitos económicos significativos co contexto social, político, histórico e cultural en que tiveron lugar. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás. Formular xuízos persoais acerca da conveniencia ou non da intervención da Administración pública na economía e dos seus efectos.

5. Utilizar técnicas elementais de tratamento e representación de datos sobre a economía galega, española, europea ou doutras zonas do mundo para coñecer e comprender os trazos característicos da situación económica deses territorios e as perspectivas de futuro.

6. Formular xuízos persoais acerca de problemas económicos de actualidade. Comunicar opinións argumentando con precisión e rigor a partir de conceptos e principios económicos elementais. Aceptar a discrepancia e os puntos de vista distintos como vía de enriquecemento persoal.

7. Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicacións e/ou internet sobre desaxustes económicos actuais e contrastar as medidas correctoras de política económica que se propoñen. Formular xuízos persoais sobre elas e comprender que as decisións implican, en ocasións, elixir entre obxectivos en parte contraditorios para os diferentes axentes económicos.

8. Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o medio natural e a calidade de vida das persoas, así como o diferente grao de desenvolvemento das distintas rexións e países. Reflexionar sobre a necesidade de acadar un desenvolvemento sustentable.

9. Abordar de maneira autónoma e razoada problemas económicos do contorno, utilizando os procedementos de indagación das ciencias sociais e diversas fontes e medios de información, en especial as tecnoloxías da información e comunicación. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás do contorno.

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD6

 

Contidos

UNIDADE DIDÁCTICA 6 – ASPECTOS FINANCEIROS DA ECONOMÍA

 

UNIDADE 7 – DIÑEIRO E INFLACIÓN

1. O DIÑEIRO: ORIXE E EVOLUCIÓN

2. FUNCIÓNS DO DIÑEIRO. DEMANDA E OFERTA
2.1 - Funcións do diñeiro
2.2 - Demanda de diñeiro
2.3 - Oferta de diñeiro

3. O PREZO DO DIÑEIRO
3.1 – Taxa Anual Equivalente (TAE)
3.2 - Factores que inflúen no tipo de interese

4. A INFLACIÓN: CONCEPTO E TIPOS
4.1 - Tipos de inflación:

5. CAUSAS E CONSECUENCIAS DA INFLACIÓN
5.1 - Causas da inflación
5.2 - Consecuencias da inflación

6. O ÍNDICE DE PREZOS AO CONSUMO (IPC)
6.1 – O Índice de Prezos ao Consumo (IPC)

7. DATOS, OPINIÓNS E PREDICCIÓNS

 

UNIDADE 8 – SISTEMA FINANCEIRO E POLÍTICA MONETARIA

1. O SISTEMA FINANCEIRO ESPAÑOL
1.1 - O Banco Central Europeo
1.2 - Outros Intermediarios Financeiros Bancarios
1.3 - Intermediarios Financeiros non bancarios

2. PROCESO DE CREACIÓN DO DIÑEIRO

3. INSTRUMENTOS FINANCEIROS
3.1 - Produtos e servizos de intermediarios financeiros bancarios
3.1.1 - Produtos financeiros pasivos
3.1.2 - Produtos financeiros activos
3.1.3 - Servizos bancarios

4. A BOLSA DE VALORES
4.1 - Renda fixa e variable
4.2 - Mercado primario e secundario

5. POLÍTICA MONETARIA
5.1 - Instrumentos de política monetaria
5.2 - Política monetaria expansiva e restritiva
5.2.1 - Política monetaria expansiva
5.2.2 - Política monetaria restritiva

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD6

 

Requerimentos Mínimos

- Coñecer a evolución das diferentes clases de diñeiro ata a actualidade.
- Diferenciar os conceptos de diñeiro mercancía, papel e fiduciario.
- Identificar a importancia do diñeiro como facilitador do intercambio.
- Identificar para que serve o diñeiro.
- Coñecer os diferentes motivos polos que os diferentes axentes económicos demandan diñeiro.
- Saber de quen depende a creación de diñeiro e analizar os diferentes agregados da oferta monetaria.
- Asimilar o concepto do diñeiro como calquera outro ben ou servizo que existe no mercado.
- Entender as consecuencias de que o diñeiro ten un prezo e, como consecuencia se pode comprar e vender.
- Identificar a importancia da TAE como medio de valoración real do custo do diñeiro.
- Coñecer os factores que afectan ao prezo do diñeiro.
- Entender o concepto de inflación.
- Consideración dos diferentes tipos de inflación.
- Analizar os diferentes motivos polos que se pode producir inflación.
- Analizar as consecuencias da inflación para diferentes axentes económicos.
- Valorar a importancia do IPC como medida da inflación, coñecendo o método de elaboración.
- Comparar os pesos dos diferentes grupos de bens e servizos que serven para elaborar o IPC cos propios.
- Entender a importancia dun IPC armonizado en ao sistema económico europeu no que nos atopamos.
- Comprender o concepto de taxa de inflación e diferencialo da taxa de inflación subxacente.
- Analizar criticamente informacións con distintos puntos de vista sobre un mesmo feito aparecido nos medios de comunicación.
- Coñecer as diferentes institucións que compoñen o sistema financeiro español.
- Identificar as diferencias entre institucións financeiras bancarias e non bancarias.
- Entender o proceso de creación de diñeiro bancario.
- Coñecer os diferentes instrumentos financeiros que hai na economía.
- Diferenciar os produtos financeiros activos dos pasivos, desde a óptica do consumidor e desde a óptica dos intermediarios financeiros.
- Valorar criticamente a utilización do diñeiro por parte dos intermediarios financeiros, así como diferentes ofertas dos mesmos.
- Comprender as diferencias entre renda fixa e variable.
- Análise do risco de determinadas investimentos.
- Coñecer a diferenza entre o mercado primario e secundario.
- Identificar a importancia da política monetaria.
- Coñecer os diferentes instrumentos de política monetaria.
- Diferenciar a política monetaria expansiva e restritiva.
- Coñecer cando, como e as consecuencias de cada unha das posibles políticas monetarias.

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD6

 

Criterios de Avaliación

6. Describir o proceso de creación do diñeiro, os cambios no seu valor e a forma en que estes se miden. Identificar as distintas teorías explicativas sobre as causas da inflación e os seus efectos sobre os consumidores, as empresas e o conxunto da economía. Explicar o funcionamento do sistema financiero e coñecer as características dos seus principias produtos e mercados.
Preténdese comprobar que o alumnado recoñece o funcionamento básico do diñeiro nunha economía, as clases de diñeiro, as súas funcións e a importancia de ter unha moeda estable como medio de pagamento, diferenciando valores monetarios e valores reais.

11. Buscar, ler, interpretar e elaborar información estatística e gráfica sobre cuestións económicas de actualidade, diferenciando aspectos positivos de aspectos normativos.
Trátase de trasladar información nunha linguaxe verbal a outra estatística e gráfica (ou viceversa), utilizando as ferramentas fundamentais de cálculo, así coma os programas informáticos para o tratamento e a presentación da información económica. Así mesmo, búscase comprobar que se distingue entre datos, opinións e predicións e se recoñecen distintas posicións económicas que obedecen a distintos tipos de intereses.

12. Identificar e valorar as repercusións sociais das actividades económicas, tomando conciencia da dificultade para compatibilizar un desexable crece mento económico co desenvolvemento da calidade de vida e a igualdade.
Búscase que o alumnado tome conciencia de que o crecemento económico pode traer consigo problemas sociais de todo tipo (consumismo excesivo, esgotamento de recursos, explotación laboral, deterioración do medio natural) e cómpre buscar os medios para conseguir un desenvolvemento económico que garanta a calidade de vida.

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD6

 

Outros (acceso á programación xeral)
(Para voltar a esta páxina, facelo a través do boton atras do navegador)

Temporalización - - - Metodoloxía - - - Criterios e sistemas de cualificación

 

Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD6

 

Unidade Didáctica