PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO
UD7 - Contexto Internacional da Economía
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD7
2. Manifestar interese por coñecer e interpretar con sentido crítico e solidario os grandes problemas económicos actuais, en especial as desigualdades económicas e a sobreexplotación de recursos naturais, así como os derivados da globalización da actividade económica.
3. Relacionar feitos económicos significativos co contexto social, político, histórico e cultural en que tiveron lugar. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás. Formular xuízos persoais acerca da conveniencia ou non da intervención da Administración pública na economía e dos seus efectos.
5. Utilizar técnicas elementais de tratamento e representación de datos sobre a economía galega, española, europea ou doutras zonas do mundo para coñecer e comprender os trazos característicos da situación económica deses territorios e as perspectivas de futuro.
6. Formular xuízos persoais acerca de problemas económicos de actualidade. Comunicar opinións argumentando con precisión e rigor a partir de conceptos e principios económicos elementais. Aceptar a discrepancia e os puntos de vista distintos como vía de enriquecemento persoal.
7. Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicacións e/ou internet sobre desaxustes económicos actuais e contrastar as medidas correctoras de política económica que se propoñen. Formular xuízos persoais sobre elas e comprender que as decisións implican, en ocasións, elixir entre obxectivos en parte contraditorios para os diferentes axentes económicos.
8. Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o medio natural e a calidade de vida das persoas, así como o diferente grao de desenvolvemento das distintas rexións e países. Reflexionar sobre a necesidade de acadar un desenvolvemento sustentable.
9. Abordar de maneira autónoma e razoada problemas económicos do contorno, utilizando os procedementos de indagación das ciencias sociais e diversas fontes e medios de información, en especial as tecnoloxías da información e comunicación. Trasladar esta reflexión ás situacións cotiás do contorno.
10. Coñecer e comprender, dunha maneira crítica, o uso e significado das principais magnitudes macroeconómicas como indicadores da situación económica dun país.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD7
UNIDADE DIDÁCTICA 7 – O CONTEXTO INTERNACIONAL DA ECONOMÍA
UNIDADE 9 – COMERCIO INTERNACIONAL E GLOBALIZACIÓN
1 - O COMERCIO INTERNACIONAL: PROTECCIONISMO E LIBRE TROCO
1.1 – Librecambio
1.2 – Proteccionismo
1.2.1 - Instrumentos proteccionistas
1.2.2 - Medidas de fomento das exportacións
1.2.3 – Dumping
2. RELACIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS: COOPERACIÓN E INTEGRACIÓN
2.1 - Graos de integración económica
2.2 - Organismos internacionais
2.3 - A Unión Europea
3 - GLOBALIZACIÓN: CAUSAS E CONSECUENCIAS
UNIDADE 10: MERCADO DE DIVISAS E BALANZA DE PAGAMENTOS
1. A BALANZA DE PAGAMENTOS
2 - O MERCADO DE DIVISAS
3 - O SISTEMA MONETARIO EUROPEO (SME).
3.1 - Vantaxes do euro
3.2 - Inconvenientes do euro
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD7
- Reflexionar acerca das vantaxes en inconvenientes do proteccionismo e do librecambio.
- Diferenciar os argumentos a favor do proteccionismo e a favor do librecambio.
- Analizar os diferentes instrumentos proteccionistas.
- Entender o motivo das cooperacións en integracións internacionais.
- Analizar os diferentes graos de integración económica.
- Interese polas funcións desenvolvidas polos seguintes organismos internacionais: BM, FMI, OCDE, OMC e PNUD.
- Análise da influencia dos diferentes organismos internacionais no desenvolvemento da economía mundial, tanto de países pobres como ricos.
- Coñecer o funcionamento básico da Unión Europea.
- Valorar de maneira crítica a evolución da economía internacional desde a perspectiva da globalización.
- Contribución de diferentes organismos internacionais á globalización.
- Reflexionar acerca das vantaxes e inconvenientes da globalización.
- Analizar os factores que favorecen a globalización, así como os motivos polos que é defendida e criticada.
- Analizar informacións a favor da globalización.
- Analizar informacións en contra da globalización.
- Entender o funcionamento básico da Balanza Corrente
- Comprender a importancia dos saldos das diferentes subbalanzas da balanza de pagamentos.
- Entender as consecuencias das flutuacións das diferentes moedas na economía internacional.
- Diferenciar os conceptos básicos relacionados co funcionamento do mercado de divisas.
- Comprender as consecuencias, positivas e negativas de pertencer ao SME.
- Reflexionar sobre as consecuencias positivas e negativas da existencia do euro.
- Analizar consecuencias para as economías domésticas, empresas e sector público da existencia do euro.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD7
7. Analizar a balanza de pagamentos da economía española e os fluxos comerciais entre dúas economías e determinar como afecta aos seus componentes a variación nos seus fluxos comerciais, así como outras posibles modificacións en diversas variables macroeconómicas.
Este criterio pretende comprobar que se coñece o significado da balanza de pagamentos como a representación das relacións entre unha economía e o resto do mundo. Tamén que se identifican as principias partidas da balanza de pagamentos e que a súa análise permite coñecer as características dos fluxos comerciais internacionais, así como observar as consecuencias que as variacións no tipo de cambio teñen sobre as economías.
10. Valorar os argumentos que fundamentan as posicións favorables ao libre comercio ou ao proteccionismo, relacionándoos cos procesos de integración económica e as súas consecuencias. Identificar e contrastar as distintas áreas comerciais que existen no mundo e valorar o impacto das novas tecnologías fronte ás formas tradicionais de comercio.
Búscase que o alumnado identifique as diferentes posicións ante o comercio internacional e recoñeza as principais áreas de comercio internacional (con especial referencia á Unión Europea). Búscase tamén constatar a influencia das novas tecnologías nas actividades económicas de todos os países e mercados, así como as vantaxes e inconvenientes do proceso de globalización.
11. Buscar, ler, interpretar e elaborar información estatística e gráfica sobre cuestións económicas de actualidade, diferenciando aspectos positivos de aspectos normativos.
Trátase de trasladar información nunha linguaxe verbal a outra estatística e gráfica (ou viceversa), utilizando as ferramentas fundamentais de cálculo, así coma os programas informáticos para o tratamento e a presentación da información económica. Así mesmo, búscase comprobar que se distingue entre datos, opinións e predicións e se recoñecen distintas posicións económicas que obedecen a distintos tipos de intereses.
12. Identificar e valorar as repercusións sociais das actividades económicas, tomando conciencia da dificultade para compatibilizar un desexable crece mento económico co desenvolvemento da calidade de vida e a igualdade.
Búscase que o alumnado tome conciencia de que o crecemento económico pode traer consigo problemas sociais de todo tipo (consumismo excesivo, esgotamento de recursos, explotación laboral, deterioración do medio natural) e cómpre buscar os medios para conseguir un desenvolvemento económico que garanta a calidade de vida.
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD7
Outros (acceso á programación xeral)
(Para voltar a esta páxina, facelo a través do boton atras do navegador)
Temporalización - - - Metodoloxía - - - Criterios e sistemas de cualificación
Obxectivos Específicos - - - - Contidos - - - - Requerimentos Mínimos - - - - Criterios de Avaliación - - - - Outros - - - UD7