Documentación  Instalacións  Departamentos  Outros 
A frase de hoxe 



Benvida do director



Ilustre visitante:

É unha gran honra para a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo o teu interese por visitar este centro de ensino público encravado no Casco Vello de Ourense, a rentes do Xardín do Posío. A actividade docente, dado o gran número de alumnos da zona, desenvólvese principalmente no edificio que naceu para Centro Provincial de Instrucción de Ourense no último tercio do s. XIX. Na actualidade, como espazo anexo utilízase un antigo colexio de Primaria, adaptado e modernizado, situado mesmo na outra beira da rúa Padre Feixoo. Trátase dun dos edificios nobres destinados para ensino con máis tradición dentro de Galicia, ó cal o tempo, no canto de murchar a súa beleza, faina máis esplendorosa. Destaca, en demasía, a suntuosidade do seu paraninfo, orgullo de todos os exalumnos e admiración de todos os visitantes que acoden a distintos actos culturais. Nas súas aulas, corredores e claustros permanecen os recordos imperecedeiros de numerosas promocións de alumnos e mestres entre os que sobresaen nomes como Saco e Arce, Julián Besteiro, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Marcelo Macías, Xocas, José Angel Valente, Carlos Casares ou Elena Espinosa.... Hoxe participamos do proceso educativo que se leva a cabo no centro case mil alumnos, distribuídos nas ensinanzas de ESO, Bacharelato e Adultos, preto de noventa profesores e catorce profesionais de administración e servicios. Neste proceso educativo resulta imprescindible e sempre está presente a colaboración activa de nais e pais. En nome da comunidade educativa do IES Otero Pedrayo benvida á nosa páxina WEB Ourense 17 de maio de 2005
O DIRECTOR



Visitante número
  desde o 1 de xaneiro de 2007

Optimizado para Internet Explorer, 800x600. Se non podes ver o menú correctamente, vai directamente ao noso mapa do web.




Museo Pedagóxico de Galicia         Acceso á web da Xunta de Galicia         Acceso á web da Consellería de Educación         Acceso á web do XADE         Baixa o lector de Adobe        












 


Páxina Oficial do I.E.S. Otero Pedrayo de Ourense está protexida por unha Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Creative Commons License
A.N.P.A. (NOVO)
Benvida
Blogues e redes sociais
Consello Escolar
Enderezo
Facendo historia
Historia
Libros de texto 2014-15 (NOVO)
Oferta educativa
PAAU
Percorrido cultural
PEC
PCC
Revista Rañolas
Secretaría
Vídeos
Xefatura de estudios
Aulas temáticas
Biblioteca
Museo
Paraninfo
Pavillón
Bioloxía e Xeoloxía
Economía
Educación Física
Ed. Plástica e Visual
Filosofía
Física e Química
Francés
Grego
Historia
Inglés
Latín
Lingua Castelá
Lingua Galega
Matemáticas
Música
Orientación
Relixión
Tecnoloxía
Act. extraescolares
Equipo de Dinamización
  da Lingua Galega (EDL)

NOVAS
Engadir a favoritos
Enlaces a organismos oficiais
Enlaces á prensa
Outros enlaces
Mapa do web
Predicción meteorolóxica (Ourense)
Pocos homes teñen a forza de carácter suficiente para alegrarse do éxito dun amigo sen sentir certa envexa.
Esquilo