Documentación  Instalacións  Departamentos  Outros 
A frase de hoxe 

Mapa do sitio web





  • OUTROS


    • NOVAS • • • NOVAS • • • NOVAS • • • NOVAS • • • NOVAS • • • NOVAS • • • NOVAS



      • [XUÑ-2019] Un curso máis, nas últimas semanas, deportistas do noso centro participaron e lograron premios en diferentes competicións provinciais de bádminton e tenis de mesa:
        • BÁDMINTON: Pablo Paz (4 º ESO B), campión provincial cadete masculino (ver foto)
        • BÁDMINTON: Rubén Quintas Cortiñas (2º ESO D), campión Copa Deputación sub-15 (ver foto)
        • BÁDMINTON: Iria Outomuro Mariño (3º ESO B), campióa Copa Deputación sub-15 (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Raúl Vilas Nieves / José Pedrayo Barros (3º ESO B / 2º ESO B), campión provincial cadete (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Antón Martín Romero / Beltrán Taboada Vázquez (2º ESO C / 2º ESO B) , campión provincial infantil (ver foto)


      • [MAI-2019] Columna no xornal escolar de "La Región" sobre o Clube de Ciencia do IES Otero Pedrayo o pasado 29 de maio ( ver nova )


      • [MAI-2019] Breve nova en "La Región" polas conferencias no Clube de Ciencia do IES Otero Pedrayo ( ver nova en La Región , tamén no Faro de Vigo )


      • [MAI-2019] O pasado 11 de maio "La Región" adicou un artigo ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Otero Pedrayo ( ver en jpg, ver nova en La Región , tamén no Faro de Vigo )


      • [MAI-2019] A nosa alumna Cristina Guilera Iglesias, de 2º BACH C, ven de gañar o 1º premio en traducción de textos latinos e o 2º premio en traducción de textos gregos na "V Olimpíada de tradución de textos clásicos 2019", organizada por SEECGalicia (Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos), celebrada o pasado 4 de abril na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela


      • [FEB-2019] O noso alumno Daniel Toro Mera, de 1º ESO B, ven de gañar o segundo premio do IV Certame Literario de "CARTAS DE AMOR", que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense ( foto )


      • [FEB-2019] Catro alumnas e dous alumnos do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o mércores, día 13 de febreiro, en Ourense as probas da "X Olimpiada Española de Geología 2019", correspondente á fase autonómica galega. Estes foron os nosos participantes: David Boso Dafonte de 2º de BACH, Nerea Cuquejo Fernández de 2º de BACH, Paula de Santos Dorrego de 2º de BACH, Diego Rodríguez Otero de 2º de BACH, Laura Santalla González de 2º de BACH, e Paula Villar Rodríguez de 2º de BACH


      • [XAN-2019] Dúas alumnas e dous alumnos do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o venres, día 18 de xaneiro, en A Coruña as probas da "XIV Olimpiada Española de Biología 2019", correspondente á fase autonómica galega. Estes foron os nosos participantes: David Boso Dafonte de 2º de BACH, Uxía Fernández Garrote de 2º de BACH, Carla García Fernández de 2º de BACH, e Jorge Ramos Vázquez de 2º de BACH


      • [XAN-2019] Dous alumnos e unha alumna do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o venres, día 18 de xaneiro, en Santiago de Compostela as probas da "LV Olimpiada Matemática Española 2019", correspondente á fase autonómica galega, que contou coa participación de máis de cen alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Xurxo Gerpe Vilas de 1º de BACH, Helena Puente Rodríguez de 1º de BACH, e Adrián Vázquez Velasco de 4º de ESO. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [XUÑ-2018] O Departamento de Educación Plástica e Visual expón os traballos realizados durante o presente curso alumnos de 1º ESO ( ver fotos ), 3º ESO ( ver fotos ) e 4º ESO ( ver fotos ), coordinados pola profesora Lidia Romero Amich


      • [XUÑ-2018] Exposición sobre o Teorema de Pitágoras feita por alumnos de 2º ESO C, coordinados pola profesora Emilia González Rodríguez ( ver fotos )


      • [XUÑ-2018] De novo, nas últimas semanas, deportistas do noso centro participaron e lograron premios en diferentes competicións provinciais de bádminton e tenis de mesa:
        • BÁDMINTON: Iago Basteiro Vila (4º ESO C), medalla de bronce cadete masculino (ver foto)
        • BÁDMINTON: Iria Añel Díaz (2º ESO A), medalla de bronce infantil feminino (ver foto)
        • BÁDMINTON: Rubén Quintas Cortiñas (2º ESO C), medalla de prata infantil masculino (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Brais García Rodríguez (4º ESO B), Iván Outomuro Mariño (4º ESO A) e Cristian Álvarez Flórez (3º ESO A), medalla de ouro cadete masculino (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Raúl Vilas Nieves (2º ESO C) e Jorge Pascual Alejandre (1º ESO C), medalla de ouro infantil masculino (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Antón Martín Romero (1º ESO C) e Joel Núñez Fernández (1º ESO A), medalla de prata infantil masculino (ver foto)


      • [XUÑ-2018] "La Región", na súa edición do 8 de xuño de 2018, ven de editar unha entrevista a Patricia Figueroa Rodríguez, profesora de Filosofía do noso centro ( ver en jpg ), por mor da reportaxe botada no programa de Telemiño "Programa Creativo" ( ver só a entrevista a Patricia )


      • [ABR-2018] O IES Otero Pedrayo foi seleccionado provisionalmente para o programa Galimiens de intercambio con Francia ( máis información )


      • [ABR-2018] Tres alumnos do noso centro participaron na IV Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, celebrada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o pasado 5 de abril. Os nosos participantes foron: Antía Gato Pozo (2º Bach. Adultos), Florín Sebastián Neagoe (2º Bach. F) e Miguel Sánchez Botana (2º Bach. F) ( máis información , bases , foto 1 , foto 2 )


      • [ABR-2018] O pasado 2 de abril, o grupo de folk galego "Luar na lubre" ven de gravar unha parte do seu novo disco coa "Coral de Ruada" no Paraninfo do IES Otero Pedrayo ( ver nova en La Región , ver en jpg )


      • [MAR-2018] O 16 de marzo "La Voz de Galicia" adicou unha páxina institucional ao IES Otero Pedrayo ( ver en jpg )


      • [MAR-2018] O equipo ECONOMISTASS de 1º bach. F do noso centro, integrado por Lúa Álvarez Escudero, Yesenia Muñoz Barrientos e Natalia Pérez Rodríguez, foi o gañador da fase provincial de Ourense no concurso Young Business Talent, organizado por Nivea e ESIC (Business Marketing School), que comezou o pasado novembro. Do noso instituto participaron 18 equipos de Economía de 1º de bach. e Fundamentos de Administración e Xestión de 2º de bach. ( máis información )


      • [MAR-2018] "La Región", na súa edición do 6 de marzo de 2018, ven de editar unha entrevista a Noemí Vázquez Nogueiras, alumna que foi do noso centro, xove emprendedora na Limia desde hai anos e coorganizadora da oitava edición do festival Portugués Perto ( ver en jpg )


      • [FEB-2018] O pasado 19 de febreiro celebrouse na Biblioteca do IES Otero Pedrayo de Ourense a presentación da candidatura de Begoña Muñoz Saa ( dossier presentado ) para dar nome a unha rúa ou plaza da nosa cidade, por parte dun grupo cidadán de excompañeiros e achegados, segundo o proceso convocado pola área de Igualdade do Concello de Ourense para feminizar o rueiro local ( nova en La Región, nova en Faro de Vigo )


      • [XAN-2018] O 31 de xaneiro "La Región" adicou unha reportaxe sobre o IES Otero Pedrayo ( ver en pdf )


      • [XAN-2018] O pasado sábado, 27 de xaneiro, conmemorouse no Paraninfo do IES Otero Pedrayo o día en recordo das vítimas do holocausto (shoah, en hebreo), sendo o único centro educativo de Galicia en facelo (información en pdf )


      • [XAN-2018] D. Juan A. Saco Rivera, director do IES Otero Pedrayo, defende as Humanidades en "La Región" (ver nova , pdf )


      • [XAN-2018] Catro alumnos e unha alumna do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o venres, día 19 de xaneiro, as probas da "LIV Olimpiada Matemática Española 2018", correspondente á fase autonómica galega, que contou coa participación de máis de cen alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Brais Gerpe Vilas (mención de honra) de 2º de bach., Javier Pérez Martínez (mención de honra) de 2º de bach., Xurxo Gerpe Vilas de 4º de ESO, Helena Puente Rodríguez de 4º de ESO, e Adrián Vázquez Velasco de 3º de ESO. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia ( foto dos premiados )


      • [XAN-2018] O noso alumno de 2º bach. B Javier Pérez Martínez foi un dos tres gañadores da fase galega da Olimpiada Española de Bioloxía, celebrada o pasado venres 12 de xaneiro en Vigo. Tamén representaron ao noso centro Brais Gerpe Vilas, Alberto Prol Padreda e Julián Puente Ferreiro ( nova en La Voz de Galicia, nova no Correo Gallego, pdf )


      • [NOV-2017] Un alumno de 2º ESO do noso centro, Manuel Álvarez Ferro, ven de gañar un dos 20 premios do "Concurso escolar de la Constitución", convocado pola Subdelegación de Goberno de Ourense para homenaxear o texto constitucional na data do seu aniversario. O lema para esta a súa 34ª edición foi: "De la organización territorial del Estado. Título VIII" ( foto )


      • [SET-2017] O pasado 11 de setembro, "La Voz de Galicia" adicou unha reportaxe sobre a nova directora do Conservatorio de Música de Ourense, Dna Puri Iglesias Pateiro, alumna que foi do noso centro ( ver nova )


      • [XUÑ-2017] O pasado 30 de xuño, "La Voz de Galicia" adicou dúas medias páxinas ó noso centro, no seu suplemento "Preparando el nuevo curso" ( páx. 1, páx. 2 )


      • [XUÑ-2017] A nosa alumna de 2ª BACH Paula Valiño Ramos, quen obtivo os mellores resultados do noso centro nas recentes probas da ABAU, ven de fichar pola Universidade de Iowa (EEUU), onde iniciará os seus estudos universitarios ( nova en La Región [pdf] , nova na web da Universidade de Iowa [pdf] )


      • [XUÑ-2017] O noso grupo de 2º ESO C ven de gañar o concurso "Clases sen fume", organizado pola Xunta de Galicia, coordinados polo profesor José Cacheiro unha vez máis ( foto 1 , foto 2 )


      • [XUÑ-2017] Novamente, nas últimas semanas, deportistas do noso centro participaron e lograron premios en diferentes competicións provinciais de bádminton e tenis de mesa:
        • BÁDMINTON: Iago Basteiro Vila (3º ESO C), medalla de ouro cadete masculino (ver foto)
        • BÁDMINTON: Carmen Conde Rodríguez (3º ESO C), medalla de ouro cadete feminino (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Sergio Basteiro Vila (3º ESO C) e Diego Lorenzo Fernández (2º ESO C), medalla de ouro cadete masculino (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Hugo González Sequeiros (2º ESO A) e Roi López Barata (1º ESO C), medalla de ouro infantil masculino (ver foto)
        • TENIS DE MESA: Adrián Vázquez Velasco (2º ESO B) e Raúl Vilas Nieves (1º ESO B), medalla de prata infantil masculino (ver foto)


      • [MAI-2017] O 18 de maio "La Región" adicou unha reportaxe sobre o IES Otero Pedrayo ( ver en pdf )


      • [MAI-2017] A ANPA do noso centro levou o primeiro premio na categoría do Mellor Maio Creativo, co seu maio "O Castro", na presente edición de 2017 do Concurso dos maios, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense ( blogue da ANPA , nova de La Región )


      • [ABR-2017] D. Juan Luís Saco Cid, profesor que foi do IES Otero Pedrayo, foi nomeado recentemente Presidente da Fundación Otero Pedrayo (nova de La Región)


      • [ABR-2017] Dúas alumnas e catro alumnos do noso centro veñen de participar o pasado 27 de abril na fase local da Olimpiada Matemática de Galicia para 2º ESO, organizada por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática). Estes foron os nosos representantes: Ana Díaz Romero, Olalla Magide Novo, Alberto Pascual Alejandre, Ricardo Rodríguez Quintas, Iván Vasallo González e Adrián Vázquez Velasco


      • [XAN-2017] Dous alumnos de 1º BACH do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o venres, día 13 de xaneiro, as probas da "LIII Olimpiada Matemática Española 2017", correspondente á fase autonómica galega, que contou coa participación de máis de cen alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Brais Gerpe Vilas (mención de honra), Javier Pérez Martínez . Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [XAN-2017] O pasado 15 de xaneiro "La Región" publicou unha entrevista á nosa ex-alumna Miryam Gallego Blanco ( ver nova, versión dixital )


      • [DEC-2016] Dúas alumnas de 2º ESO do noso centro, Ainara Rodríguez Adao e Lorena Rodríguez Navarro, veñen de gañar dous dos 20 premios do "Concurso escolar de la Constitución", convocado pola Subdelegación de Goberno de Ourense para homenaxear o texto constitucional na data do seu aniversario. O lema para esta a súa 33ª edición foi: "Del Gobierno y de la Administración. Título IV". Ao acto de entrega de premios celebrado no Auditorio Municipal de Ourense o pasado 6 de decembro, acudiron diputados, senadores, parlamentarios en Santiago, concelleiros, o alcalde de Ourense e o presidente da Deputación, que entregaron os premios mentres se proxectaban os traballos gañadores. O premio consta de: un diploma de gañador, un libro "Constitución Española" e unha viaxe a Madrid que terá lugar no mes de xuño, cando remate o curso escolar ( foto 1 , foto 2 , álbum de fotos de La Voz de Galicia )


      • [NOV-2016] O pasado 27 de novembro "La Voz de Galicia" adicou unha pequena reportaxe ao noso ex-compañeiro Edelmiro Vázquez Naval, xa xubilado ( ver nova )


      • [NOV-2016] O noso alumno Brais Gerpe Vilas de 1ª BACH. C ven de gañar un dos 20 premios da ESO ao rendemento académico do curso 2015-16 que concede a Xunta de Galicia ( ver reportaxe en La Voz de Galicia, ver nova en La Región, DOG )


      • [OUT-2016] O noso alumno Jerónimo González Fernández (de 2º BACH. D) ven de representar a Galicia na Exposición Mundial de Filatelia que se celebrou en Taipei (China) entre o 21 e o 26 de outubro, sendo o primeiro xove galego en participar internacionalmente ( máis información )


      • [XUÑ-2016] A alumna de 2º de ESO A Fabiola Plaza Cegarra resultou gañadora do 3º PREMIO a nivel Galicia, na categoría Alumnos de Francés Lengua Extranjera, subcategoría 1º y 2º ESO, do concurso "Affiche ton Français", organizado pola APFG (Asociación de Profesores de Francés de Galicia) en colaboración coa editorial Santillana. Félicitations! ( foto 1 , foto 2 )


      • [XUÑ-2016] O pasado 5 de xuño noso alumno Jerónimo González Fernández (de 1º BACH. D) gañou o premio especial na categoría xuvenil á mellor colección xuvenil no Campionato Galego de Filatelia Exfigalia 2016, sendo o primeiro galego que vai competir internacionalmente. A súa colección "Rota", que conta a historia da roda, representará a Galicia no próximo campionato mundial que se disputará en Taipei (China) e seguidamente irá a Finlandia ( máis información )


      • [XUÑ-2016] O pasado 9 de xuño "La Voz de Galicia" adicou unha reportaxe ao alumno Alejandro Doval Casas (de 2º BACH. A) polo seu brillante expediente académico ( ver nova )


      • [XUÑ-2016] A nosa ex-alumna Noelia Cacheiro Quintas (filla do noso compañeiro José Cacheiro) segue a dar que falar, desta vez saiu nunha reportaxe no programa Momentos G da Televisión de Galicia ( ver reportaxe )


      • [XUÑ-2016] Nas últimas semanas, deportistas do noso centro participaron e lograron premios en diferentes probas de bádminton (Premios Escola de Bádminton) e tenis de mesa:
        Antonio Iglesias Pérez e Iker Añel Díaz (3º ESO A), medalla de ouro no campionato provincial cadete de tenis de mesa de Ourense (ver foto);
        Sergio Basteiro Vila e Diego Lorenzo Fernández (2º ESO C), medalla de prata no campionato provincial infantil de tenis de mesa de Ourense (ver foto);
        Larisa Miruna Oprea (2º ESO B), medalla de ouro individual no campionato provincial infantil de bádminton de Ourense (ver foto);
        Iván Outomuro Mariño e Iago Basteiro Vila (2º ESO C), medallas de prata e de bronce individual, respectivamente, no campionato provincial infantil de bádminton de Ourense (ver foto);
        Álvaro Robles Gómez (4º ESO B), medalla de bronce individual no campionato provincial cadete de bádminton de Ourense (ver foto). ( Máis información no blog do departamento de E. F. )


      • [MAI-2016] O pasado 27 de maio "La Región" adicou unha pequena reportaxe sobre o IES Otero Pedrayo ( ver nova )


      • [MAI-2016] Xa saiu o número 12 da revista Rañolas, feita polos alumnos do noso centro e coordinada pola profesora Helena Alonso. Podedes ollala no apartado de Documentación da nosa web


      • [MAI-2016] Unha alumna de 2º ESO C do noso centro, Andrea Rodríguez Rodríguez, ven de gañar o concurso "Apúntate unha idea: Desmonta o alcohol", na súa modalidade de clipmetraxe, organizado polo Concello de Ourense (Sanidade). A entrega do premio realizouse o martes, 10 de maio, no salón de plenos do Concello de Ourense ( Máis información )


      • [ABR-2016] O pasado 26 de abril catro alumnos de 1º de bacharelato do noso centro (Xabier, Manuel, Enrique e Miguel) veñen de gañar o primeiro premio no VIII Concurso Galego de Robótica, convocado por Igaciencia, baixo a supervisión do profesor Roberto C. González Pérez. Toda a información na web de Igaciencia ( ver nova en La Región, ver nova en La voz de Galicia )


      • [ABR-2016] O noso alumno Xurxo Gerpe Vilas de 2ª ESO B ven de clasificarse para a Fase final da Olimpiada Matemática de Galicia para 2º ESO, organizada por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) que terá lugar en Lugo o próximo día 19 de maio. Representaron tamén ao noso centro na fase local de Ourense: Brais Carnero Rodríguez, Ainhoa Cid Aviñoá, Ana Fernández Pozo, Adrián Martínez Pérez e Helena Puente Rodríguez


      • [XAN-2016] Unha alumna e un alumno de 2º BACH do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o venres, día 15 de xaneiro, as probas da "LII Olimpiada Matemática Española 2016", correspondente á fase autonómica galega, que contou coa participación duns setenta alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Alejandro Doval Casas (MEDALLA DE OURO), Florina Valentina Medrea (mención de honra). Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [DEC-2015] Dúas alumnas de 2º ESO do noso centro, Fabiola Plaza Cegarra e Sara Seoane Cid, veñen de gañar 2 dos 40 premios concedidos na XXXII edición do concurso sobre a nosa Carta Magna, convocado por la Subdelegación do Goberno en Ourense, baixo o lema "Das Cortes Xerais", baixo a dirección do profesor José Cacheiro e dos seus pais ( ver nova en La Región )


      • [NOV-2015] O pasado 3 de novembro "La Región" adicou unha pequena reportaxe sobre o Museo do IES Otero Pedrayo ( ver nova )


      • [OUT-2015] O pasado 2 de outubro o periódico Ourense por Barrios publicou unha pequena reportaxe da nosa ex-alumna Noelia Cacheiro Quintas (filla do noso compañeiro José Cacheiro), na súa sección Barrios Deportivo ( ver nova ) ... e é que Noelia non para. Logo de presentar a finais do ano pasado o seu libro "Excusas", na actualidade comparte as tarefas de xogadora e adestradora en Newcastle ( ver nova en La voz de Galicia , ver entrevista na TVGa )


      • [SET-2015] O pasado 23 de setembro "La Región" adicou unha reportaxe sobre o IES Otero Pedrayo ( ver nova )


      • [XUÑ-2015] Nas últimas semanas, deportistas do noso centro participaron e lograron premios en diferentes probas de bádminton (Premios Escola de Bádminton) e tenis de mesa:
        Clara Barreiros Forneiro (2º ESO A), medalla de prata individual no campionato provincial infantil de bádminton de Ourense (ver foto);
        Larisa Miruna Oprea (1º ESO B), medalla de bronce individual no campionato provincial infantil de bádminton de Ourense (ver foto);
        Álvaro Robles Gómez (3º ESO B), medalla de bronce individual no campionato provincial cadete de bádminton de Ourense (ver foto);
        Eduardo Iglesias Rodríguez (profesor de E. F.), medalla de bronce no campionato de España de veteráns de bádminton celebrado en Huelva, medalla de ouro no Campionato galego de veteráns de bádminton celebrado en Coruña e medalla de ouro no Circuito Nacional de bádminton celebrado en Toledo (ver foto);
        O equipo de 2º ESO do IES Otero Pedrayo formado por Iker Añel, Joel Fabello, Pablo González e Antonio Iglesias, medalla de ouro no Campionato provincial infantil de tenis de mesa de Ourense (ver foto). ( Máis información no blog do departamento de E. F. )


      • [ABR-2015] A nosa alumna Eira Losada Fernández de 2ª ESO A ven de clasificarse para a Fase final da Olimpiada Matemática de Galicia para 2º ESO, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) que terá lugar en Lugo o próximo día 21 de maio. Representaron tamén ao noso centro na fase local de Ourense: Nerea Cuquejo Fernández, Carla García Fernández, David Gavilanes de Dios, Xoel Gómez de Morais e Margaret Rivero Acevedo


      • [ABR-2015] A nosa alumna Lucía González Pinto de 2ª BACH. A ven de gañar o III concurso de microrrelatos on-line "Monumentos de Ourense", organizado pola Concellería de Educación de Ourense, co seu relato titulado "A fin" ( bases do concurso )


      • [XAN-2015] Catro alumnas e un alumno de 1º BACH e 2º BACH do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o venres, día 16 de xaneiro, as probas da "LI Olimpiada Matemática Española 2015", correspondente á fase autonómica galega, que contou coa participación de máis de 100 alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Alejandro Doval Casas (mención de honra), Andrea González Matanza, Florina Valentina Medrea (MEDALLA DE BRONCE), Iria Sotelo Pérez, Lucía González Pinto. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [MAI-2014] O noso alumno Sergio Parga Nores , de 2º de bacharelato E, ven de gañar unha medalla de bronce no Campionato de Europa Júnior de Wushu, celebrado en Bucarest (Rumania) do 7 ao 11 de maio ( ver nova en La Región )


      • [ABR-2014] A nosa alumna Iria Brea Suárez de 2ºESO B gañou o 1º premio da categoría de Debuxo no concurso municipal "Apúntate unha idea" ( Nova no Faro de Vigo )


      • [MAR-2014] Un grupo de 2 alumnas e 6 alumnos de 4º ESO C ven de gañar a fase final do Rally Matemático de Galicia de 2014 celebrado o pasado 28 de marzo en Santiago (fotos). Con anterioridade, clasificáronse para disputar a final na fase de centros celebrada o pasado 17 de marzo, na que tamén participaron un grupo de 1º ESO A, un grupo de 2º ESO C e un grupo de 3º ESO C (fotos + vídeo). Como premio representarán a Galicia na superfinal europea que se celebrará en Toulouse o próximo 23 de maio. Estes foron os nosos participantes gañadores: Miguel Bascoy Otero, Vicente Bascoy Otero, Ángelo Da Silva Vázquez, Álvaro de Luis Cid, Jennifer C. Diéguez Fernández, Pablo Domínguez Fernádez, Alejandro Doval Casas, Florina Valentina Medrea.


      • [MAR-2014] Entrevista en La voz de Galicia do noso secretario D. Severo Pérez Rodríguez


      • [FEB-2014] Seis alumnos de 2º ESO do IES Otero Pedrayo de Ourense participaron a pasada fin de semana (días 10 a 14 de febreiro) no "VI Concurso Galego de Robótica", organizado por la Fundación Barrié, coordinados polo profesor de Tecnoloxía Fernando del Río Vázquez, acadando o terceiro premio . Estes foron os nosos participantes: Jorge Fernández Paz, Brais Gerpe Vilas, Víctor Pérez Guede, Miguel Seguín Rodríguez, Óscar Soto Méndez, Hugo Varela García. Información en "La Voz de Galicia": imaxe 1 , imaxe 2; en "La Región" imaxe 3 , imaxe 4 , imaxe 5 , nova no Telexornal


      • [XAN-2014] Catro alumnas e dous alumnos de 4º ESO e 1º BACH do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o pasado venres, día 17 de xaneiro, as probas da "L Olimpiada Matemática Española 2014", correspondente á fase autonómica galega, que contou coa participación de máis de 100 alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Aarón Álvarez Araújo, Alejandro Doval Casas (mención de honra), Andrea González Matanza, Florina Valentina Medrea, Lucía González Pinto, Iria Sotelo Pérez. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia (nova no Telexornal mediodía + nova no Telexornal serán)


      • [DEC-2013] O xurado do concurso para a selección do logotipo do IES Otero Pedrayo de Ourense, composto por: Luís Fernández Rodríguez (director), Isidro González Mulas (xefe Dpto. Debuxo), Luís Martínez-Risco Daviña (xefe Dpto. Xeografía e Historia), Gilberto Meixeiro Conde (pai de alumno), Yago Feijóo Borrajo (alumno), declarou gañador ao deseño presentado por Roberto Carlos González Pérez , profesor de Tecnoloxía deste centro


      • [NOV-2013] A nosa alumna Esperanza Valentina Castro Isdahl-Troye , de 3º ESO B, ven de gañar o concurso "Mete unha vaca no Aquarium", organizado polos Museos Científicos Coruñeses. O seu deseño, elixido entre máis de tres mil, servirá para pintar unha escultura a tamaño real dunha vaca que formará parte da exposición sobre Acuicultura no Aquarium Finisterrae ( ver nova na web dos Museos Científicos Coruñeses, ver nova no Faro de Vigo, ver nova en La Voz de Galicia )


      • [NOV-2013] O pasado 6 de novembro "La Región" adicou unha reportaxe sobre o IES Otero Pedrayo ( ver nova )


      • [OUT-2013] O pasado 21 de outubro "La Región" adicou unha reportaxe sobre o noso Museo ( ver nova )


      • [XUÑ-2013] O traballo de Alba Cortés Coego e Sara Fernández Álvarez, de 1º de Bacharelato gañou o 1º PREMIO DO CONCURSO OCEÁNTICA 2013. O obxectivo deste concurso, organizado polo Campus de Excelencia Internacional - Campus do Mar, é sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático. Para ver o traballo: http://congresooceantica.campusdomar.es/


      • [XUÑ-2013] O pasado 20 de abril, o alumno de 1º de Bacharelato Marcos Fernández Rodríguez resultou gañador do 1º PREMIO a nivel Galicia, na categoría Francés Lingua Estranxeira-Bacharelato, do concurso "Affiche ton Français", convocado pola APFG (Asociación de Profesores de Francés de Galicia) en colaboración coa editorial Santillana sobre o tema "Le Cinéma". Félicitations! ( foto 1 , foto 2 )


      • [MAI-2013] Dous estudiantes de 1º de bacharelato do noso centro (foto) foron seleccionados para participar no programa Campus científicos de verano 2013: Yolanda Campos Garrido de 1º bach. A (co proxecto "Más que números", no Campus Euskampus da Universidade do País Vasco) e Mauro Rivas Ferreiro de 1º bach. C (co proxecto "Conocimiento y TIC: entre todos construimos el futuro", no Campus BioTic da Universidade de Granada) ( máis información )


      • [ABR-2013] Un grupo de 8 alumnos de 4º ESO do IES Otero Pedrayo de Ourense participaron o pasado xoves, día 11 de abril, no I Rally Galego sen Fronteiras de Ciencias (antigo Rally Matemático de Galicia), conseguindo o primeiro premio na categoría de Matemáticas ( ver vídeo ). Estes foron os nosos participantes: Aarón Álvarez Araújo, Marta Besada Garrido, Ana Casas González, Francisco Dorado Gayo, Andrea González Matanza, Lucía González Pinto, Cristina Reguera Gómez, Iria Sotelo Pérez ( ver nova de "La Región" ). Toda a información na web de Igaciencia. Noticia na Televisión de Galicia: Galicia noticias serán


      • [ABR-2013] O pasado 10 de abril o suplemento Xornal Escolar de "La Región" estivo adicado ó IES Otero Pedrayo ( ver nova , ver galería de fotos )


      • [XAN-2013] Tres alumnas e un alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o pasado sábado, día 12 de xaneiro, as probas da Olimpiada Matemática 2013, correspondente á fase autonómica da XLIX Olimpiada Matemática Española, que contou coa participación de case 70 alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Aarón Álvarez Araújo, Andrea González Matanza, Lucía González Pinto, Iria Sotelo Pérez. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [XUÑ-2012] Tres alumnas do IES Otero Pedrayo de Ourense veñen de gañar o concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ para 1º e 2º de ESO na súa segunda edición, organizada pola SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación Operativa), coordinadas pola profesora Dna Conchita González Otero. Estas foron as nosas participantes: Xiana Fole Garza, Irene Lorenzo Rodríguez, Marinha Paradelo Veiga ( máis información )


      • [DEC-2011] O I.E.S. Otero Pedrayo participa nun proxecto científico a nivel mundial


      • [DEC-2011] Dúas alumnas e catro alumnos do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o pasado sábado, día 17 de decembro, as probas da Olimpiada Matemática 2012, correspondente á fase autonómica da XLVIII Olimpiada Matemática Española, que contou coa participación de case 100 alumnos de toda Galicia. Estes foron os nosos participantes: Natalia Cid Rodríguez, David Ibáñez Domínguez, Juan Ozaíta Corral, Coral Real Llamas, Adrián Rodríguez Vilas (mención de honra), Fabio Santamaría Iglesias. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [XUÑ-2011] O I.E.S. Otero Pedrayo foi un dos dez centros seleccionados para o I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense "O Cambio Climático dende a escola", celebrado o 9 de xuño no Centro Cultural da Deputación de Ourense ( ver vídeo )


      • [XUÑ-2011] Dezaseis alumnos de 1º de BACH. foron premiados para participar no IV Congreso de estudantes de Climántica que terá lugar en Gandarío do 22 ó 26 de xuño, coordinados pola profesora Dna Mª Carmen Cid Manzano ( premios , noticia en La Voz de Galicia, noticia no blog Entérate, a ciencia tamén é cultura ). Alumnos premiados: Lidia Blanco Otero, Natalia Cid Rodríguez, Daniel Fernández Gil, Iván Gallego Gómez, Miguel García Pena, Andrea Gerpe Acosta, Mª Isabel Limia Pérez, Erika López Carballo, Aitor López Domínguez, Tatiana Nespeira Campuzano, Víctor Pérez Sanmamed, Coral Real Llamas, Lucía Rodríguez Rodríguez, Adrián Rodríguez Vilas, Alma San José Cardoso, Noelia Vila Seijas


      • [XUÑ-2011] Catro estudiantes de 1º de bacharelato do noso centro (foto) foron seleccionados para participar no programa Campus científicos de verano 2011: Adrián Rodríguez Vilas (Campus Vida, Santiago de Compostela), María Isabel Limia Pérez (Barcelona Knowledge Campus), Juan Ozaíta Corral (Campus Vida, Santiago de Compostela) e Daniel Fernández Gil (Campus do Mar, Vigo) ( Máis información )


      • [XUÑ-2011] Publicidade institucional do noso centro no diario La Voz de Galicia o día 9 de xuño ( 1 , 2 )


      • [MAI-2011] O pasado 23 de maio de 2011, 26 alumnos de 1º ESO A e 1º ESO B participaron nunha chamada por Skype con estudiantes da Albermarle Middle School en North Carolina, USA, coordinados pola profesora do centro Dna Margarita Alfonso Rodríguez (fotos feitas ese día e resumo da actividade feito pola profesora americana)


      • [MAR-2011] O vindeiro día 10 de marzo de 2011 terá lugar no IES Otero Pedrayo de Ourense un Intercambio de experiencias educativas en torno á equidade de xénero, no que participará o Proxecto "Ciencia en feminino" dirixido pola profesora do centro Dna Mª Carmen Cid Manzano, dentro das actividades que o Concello de Ourense ten programadas para celebrar o Día internacional das mulleres 2011


      • [FEB-2011] A prestixiosa revista AD Architectural Digest, na páxina 26 do seu número de febreiro de 2011, ven de publicar unha foto da biblioteca do IES Otero Pedrayo de Ourense, realizada pola fotógrafa alemana Candida Höfer, quen ademais da nosa biblioteca fotografiou tamén o noso paraninfo ( Máis información )


      • [XAN-2011] Tres alumnas e un alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o pasado venres, día 21 de xaneiro, as probas da Olimpiada Matemática 2011, correspondente á fase autonómica da XLVII Olimpiada Matemática Española, que contou coa participación de case 200 alumnos de toda Galicia. Obtivo mención de honra Gloria Arias Fraga (de 2º bach. A). Participaron tamén Diana Babarro Rodríguez, Mariana Conde Álvarez e Javier Pumares Pérez. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [XAN-2011] D. Ángel Parada Penedo, profesor que foi do IES Otero Pedrayo, foi entrevistado na contraportada de La Voz de Galicia, a piques de rematar a carreira de Dereito ...


      • [DEC-2010] Premio de innovación para o IES Otero Pedrayo por sexto ano consecutivo: noticia en La Voz de Galicia, e no blog A ciencia tamén é cultura


      • [DEC-2010] Botou a andar o Proxecto Abalar no IES Otero Pedrayo de Ourense ( Ver fotos )


      • [NOV-2010] O ex-alumno Daniel Carvajal Alonso, que cursou bacharelato no IES Otero Pedrayo de Ourense no período 2008-2010, ven de acadar o 3º premio no 3º Concurso de relatos "Ciencia que conta" ( Máis información )


      • [OUT-2010] Vídeo de YouTube emitido por Telemiño sobre o recital de poesía a cargo do poeta mexicano Roberto Reséndiz, celebrado no Paraninfo do IES Otero Pedrayo o 26 de outubro de 2010


      • [SET-2010] Estancia de 7 alumnos de 1º de bacharelato nun campamento formativo polo III Congreso CLMNTK dos estudantes de Climántica (noticia, vídeo)


      • [XUL-2010] O pasado 9 de xullo, ás 18:00, celebrouse na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, o Acto de recoñecemento ós mellores expedientes de centros de ensino medio de Galicia nas PAAU 2010, sendo recoñecidas 2 alumnas do noso centro: Mª Victoria Conde Fuentes e Lucía Pérez Coello ( foto 1 , foto 2 ), e 2 alumnos do noso centro: Daniel Carvajal Alonso e Pablo Romero Vilarchao (que non puideron acudir ó acto)


      • [XUÑ-2010] A alumna de 1º BACH. A Manuela Ordóñez Fernández foi seleccionada para participar no programa de estancias científicas verano 2010 ( Máis información , La Voz de Galicia )


      • [XUÑ-2010] Alumnos deste centro de 2º e 3º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato comezaron a participar no Parque Tecnolóxico nun curso para Nuevos Científicos y Aulas de I+D. ( Máis información )


      • [XUÑ-2010] Dezanove alumnos de 2º de BACH. e catro de 1º de BACH. foron invitados a participar no III Congreso de estudantes de Climántica que terá lugar en Pontevedra o vindeiro 19 de xuño, sendo acompañados por todas as profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Estes alumnos foron seleccionados polos traballos realizados en Ciencias para o Mundo Contemporáneo e pódense ver nesta mesma web, sendo premiados algúns deles ( Programa , alumnado seleccionado, premiados )


      • [XUÑ-2010] O alumno de 1º BACH. A Javier Pumares Pérez foi seleccionado para participar no programa de estancias científicas verano 2010 ( Máis información , La Voz de Galicia )


      • [XAN-2010] Tres alumnas e un alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense realizaron o pasado venres, día 15 de xaneiro, as probas da Olimpiada Matemática 2010, correspondente á fase autonómica da XLVI Olimpiada Matemática Española, que contou coa participación de case 200 alumnos de toda Galicia. Obtiveron mención de honra Gloria Arias Fraga (de 1º bach. A) e Daniel Carvajal Alonso (de 2º bach. A). Participaron tamén Alba Álvarez Fernández e Paula de Santos Muñoz. O acto de clausura estivo presidido polo Conselleiro de Educación D. Jesús Vázquez Abad e polo Reitor da Universidade de Santiago. Toda a información na web da Olimpiada Matemática de Galicia


      • [OUT-2009] O profesor deste centro D. Manuel Alonso Pérez participou no Campionato do Mundo de Bádminton de Veteranos, do 26 de setembro ó 3 de outubro de 2009, na localidade de Punta Umbría, Huelva ( ver fotos )


      • [XUÑ-2009] Un grupo de alumnos de 1º BACH do noso centro participaron no proxecto "La Medida del Radio de la Tierra" enmarcado no Ano Internacional da Astronomía 2009 en España ( ver foto ). Estes son os alumnos participantes: Iago Bernárdez Gómez, Noé Martínez Iglesias, Pablo Nóvoa García, Nerea Rodrigues Díaz e Lorena Torrano López


      • [MAI-2009] Alumnos de 1º BACH do noso centro ( Lucía Pérez Coello e Pablo Romero Vilarchao) foron seleccionados para participar no programa de estancias científicas verano 2009 ( Máis información, listado )


      • [ABR-2009] Un grupo de alumnas de 3º ESO do noso centro veñen de gañar o subcampionato provincial de fútbol-sala feminino cadete (ver fotos: 1, 2, 3). Estas son as xogadoras do equipo do IES Otero Pedrayo de Ourense: Yaiza Castelo Hortas, Tania Conde Cid, Andrea Gerpe Acosta, Sandra Rodríguez López, Lucía Rodríguez Rodríguez e Lorena Yáñez López


      • [MAR-2009] O alumno Xabier Gómez Domínguez, que actualmente cursa 1º de bacharelato no IES Otero Pedrayo de Ourense, ven de gañar o Campionato galego de xadrez sub-18, disputado o pasado febreiro en Mondariz ( Máis información )


      • [XAN-2009] ********** Unha grande nevarada sobre Ourense o pasado 9 de xaneiro fixo as ledicias de xoves e non tan xoves ********** ( Ver fotos )


      • [DEC-2008] O equipo Pavillón Cidade As Burgas de Ourense de fútbol sala feminino, no que participan varias alumnas do IES Otero Pedrayo, gañaron o subcampionato de Europa o pasado novembro en Bérgamo (Italia) ( Máis información )


      • [DEC-2008] O ex-alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense Mauro González Romero ven de ser nomeado "Míster Ourense" ( Máis información )


      • [NOV-2008] A xogadora de baloncesto e ex-alumna do IES Otero Pedrayo de Ourense Noelia Cacheiro Quintas, logo de pasar unha tempada en Inglaterra, está a facer as Américas na Oral Roberts University de Tulsa (Oklahoma) ( Máis información + Vídeo)


    • Engadir a favoritos
    • Enlaces a organismos oficiais
    • Enlaces á prensa
    • Outros enlaces
    • Mapa do sitio web
    • Predicción meteorolóxica (Ourense, -Meteogalicia-)
    • Predicción meteorolóxica (Ourense, -AEMET-)

 


Páxina Oficial do I.E.S. Otero Pedrayo de Ourense está protexida por unha Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Creative Commons License
ABAU + PAAU
A.N.P.A.
Atención a pais 2018-19
Benvida
Blogues e redes sociais
Calendario escolar 2018-19
Claustro de profesores
Consello Escolar
Enderezo
Facendo historia
Historia
Libros de texto 2018-19
Normas de convivencia
Oferta educativa
Percorrido cultural
Programacións 2018-19
Revista POSÍO
Revista Rañolas
Secretaría
Vídeos
Xefatura de estudios
Aulas temáticas
Biblioteca
Museo
Paraninfo
Pavillón
Bioloxía e Xeoloxía
Economía
Educación Física
Ed. Plástica e Visual
Filosofía
Física e Química
Francés
Grego
Historia
Inglés
Latín
Lingua Castelá
Lingua Galega
Matemáticas
Música
Orientación
Relixión
Tecnoloxía
Act. extraescolares
Biblioteca

Equipo de Dinamización
  da Lingua Galega (EDL)

NOVAS
Engadir a favoritos
Enlaces a organismos oficiais
Enlaces á prensa
Outros enlaces
Mapa do web
Predicción meteorolóxica (Ourense, -Meteogalicia-)
Predicción meteorolóxica (Ourense, -AEMET-)
O artigo 34: fago o que queiro, cando queiro e onde queiro (por Shaquille O'Neal).
Andrés Montes