Segundo a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 17 de xuño) e a corrección de erros posterior, as datas a ter en conta o curso 2015-2016 son:
CURSO ACADÉMICO 2015-2016
Comezo do curso escolar: 1 de setembro de 2015
Remate do curso escolar: 31 de agosto de 2016
Probas extraordinarias de setembro: ata o 4 de setembro de 2015, incluído
Sesións de avaliación extraordinarias: ata o 8 de setembro de 2015, incluído
Prazo extraordinario de matrícula: ata o 10 de setembro de 2015, incluído
Comezo de actividades lectivas: 15 de setembro de 2015
Remate de actividades lectivas: 22 de xuño de 2016
VACACIÓNS / XORNADAS NON LECTIVAS
- Nadal: desde o 21 de decembro de 2015 ata o 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive
- Entroido: 8, 9 e 10 de febreiro de 2016
- Semana Santa: desde o 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive
- Día do ensino: 30 de outubro de 2015
- Xornada non lectiva elixida polo propio centro: 16 de maio de 2016
- Os festivos declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da antedita Consellería
CONMEMORACIÓNS
- 25 de novembro de 2015: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- Do 1 ó 11 de decembro de 2015: Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia
- 10 de decembro de 2015: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
- 30 de xaneiro de 2016: Día Escolar da non Violencia e da Paz
- 8 de marzo de 2016: Día Internacional da Muller
- 15 de marzo de 2016: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
- Do 7 ao 11 de marzo de 2016: Semana da Prensa (un día desta semana traballarase na aula con xornais)
- 7 de abril de 2016: Día Mundial da Saúde
- Entre o 18 e o 22 de abril de 2016: Día do Libro
- 9 de maio de 2016: Día de Europa
- Do 9 ao 17 de maio de 2016: Semana das Letras Galegas
- 5 de xuño de 2016: Día Mundial do Medio Ambiente